Ribadeo, 14 de xullo de 2015.- A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, lémbralles a todos os veciños e as veciñas de Ribadeo que aínda están a tempo de solicitar os bonos de axuda para a conciliación da vida laboral e familiar durante o período estival e ao longo do curso escolar.
Segundo explica a edil nacionalista “os bonos axuda Ribadeo, unha vila para a conciliación amplían agora os supostos para a súa concesión, xa que ademais de para axudar a aquelas familias nas que traballen os dous proxenitores, tamén se poderán beneficiar das mesmas en casos de enfermidade da persoa que se fai cargo das crianzas, hospitalización dalgún membro da familia, socialización dos menores, para acudir a entrevistas de traballo, ampliación de estudos dos proxenitores/coidadores, preparación de oposicións, certificados de profesionalidade, asistencias a cursos Afd”.
A contía desta axuda ascende ao 50% do custe por cada hora de estancia na ludoteca que lle sexa outorgada a cada familia, cun límite por unidade familiar de 150 euros ao mes (no caso dun menor) e de 300 euros ao mes para dous menores e así sucesivamente.
Álvarez Lastra lembra que “esta axuda que leva anos realizándose co impulso do Concello de Ribadeo, está condicionada a que tanto os menores como os seus coidadores estean empadroados en Ribadeo, e que a renda da unidade de convivencia non supere os 1500 euros netos mensuais se ten un fillo ou de 1800 euros netos mensuais con dous ou máis fillos a cargo”.
A concelleira de Igualdade e responsable do Centro de Información ás Mulleres invita “a todos e todas familias que queiran beneficiarse desta axuda a que acudan ás oficinas do CIM, sitas no Auditorio Hernán Naval, rúa Bos Aires s/n, onde as técnicas do centro de información a muller, axudaranlle a tramitar estas axudas. Tamén poden solicitar máis información no número de teléfono 982 120 739”.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



