Unha persoa faleceu este martes na praia de Area, no concello de Viveiro, tras ser rescatada da auga, en estado inconsciente, por membros do servizo de vixilancia do areal.
O 112 Galicia, unha vez recibida a alerta, informou a Urxencias Médicas, que confirmou o falecemento do bañista.
Aínda así, solicitouse a presenza dos axentes da Policía Nacional. Polo momento, descoñécense as causas do suceso, que tivo lugar minutos antes das 17.30 horas.
Rescatados dous bañistas en apuros na praia Os Castros de Ribadeo
Os membros do servizo de vixilancia da praia Os Castros de Ribadeo rescataron este mesmo martes a dous bañistas que se atopaban en apuros cando nadaban a uns 200 metros da costa. Os dous rapaces non necesitaron asistencia sanitaria, xa que se encontraban en perfecto estado de saúde.
Os socorristas precisaron que non empregaron medios acuáticos para o rescate, debido á proximidade á costa. O 112 Galicia púxoo en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, aínda que non foi necesaria a súa intervención, unha vez comprobado que os bañistas estaban a salvo.
O CAE 112 Galicia recibiu a chamada de alerta pasados uns minutos das 17.30 horas.