Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015.- Darío Campos Conde, Álvaro Santos Ramos, Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Sonsoles López Izquierdo e Lino Rodríguez Ónega, Deputados Provinciais do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo, participan este venres na manifestación en defensa dos produtores de leite. “Participamos nesta protesta en Santiago de Compostela, organizada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, en apoio aos gandeiros da nosa provincia, que están a atravesar unha situación insostible froito do abandono por parte das principais administracións con competencias na materia, Goberno Central e Xunta de Galicia”, explicou o vicevoceiro do PSOE Santos Ramos.
“Necesitamos que os Gobernos de Rajoy e Feijóo actúen con contundencia e celeridade para romper con esta dinámica, na que as 15.000 explotacións de leite que están en activo en Lugo non só están deixando de ganar beneficios, senón que están abocadas a súa desaparición. Isto será un drama para unha provincia coma a nosa que vive do rural, pois o lácteo é un sector estratéxico para o desenvolvemento económico de Lugo, que xera uns 25.000 emprego mediante a produción de máis dun millón de toneladas de leite ao ano, que representan preto da metade do leite galego”, subliñou o Santos Ramos.
“Esperamos ver a Elena Candia na manifestación en Santiago, exercendo de Presidenta da Deputación de Lugo e defendendo os intereses dos gandeiros da nosa provincia. Esixímoslle que diga alto e claro se vai a cumprir co acordo unánime do Pleno Provincial, no que aprobamos medidas concretas en defensa do sector lácteo”, engadiu o socialista.
Proposta do PSOE aprobada polo Pleno
Santos Ramos fixo referencia, deste xeito, á proposta que o PSOE levou ao Pleno Provincial do pasado mes de abril e que acadou o apoio de todos os grupos políticos con representación na Corporación Provincial (PSOE, PP e BNG). Con esta iniciativa, a Deputación de Lugo comprometeuse a instar ao Goberno de España a modificar o Real Decreto 125/2015, do 27 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 1363/2012, do 28 de setembro, que regula o recoñecemento das organizacións de produtores de leite e das organizacións interprofesionais no sector lácteo e se establecen as súas condicións de contratación, para que:
• Se introduza a figura do mediador, e fortes sancións para que a industria non fixe os prezos de xeito unilateral, nin impoña contratos á baixa.
• Incorpore como referencia o volume obxecto do contrato, o leite producido nos últimos doce meses anteriores ao contrato, garantindo a recollida e prohibindo o dobre prezo para este volume.
• Se elabore un Plan de Inspeccións claro e con seguimento periódico:
– Nas superficies comerciais, para vixiar o cumprimento da lei da cadea alimentaria.
– De control das importacións.
– De cumprimento do Real Decreto 125/2015.
• Elaborar un programa de crédito que axude aos produtores de leite a adaptarse ao mercado sen cotas e establecer un seguro de rendas subvencionado para afrontar a situación de vulnerabilidade en que se encontran co fin do sistema de cotas.
• Establecer un foro permanente de representación dos produtores, a industria, a distribución e os consumidores do sector lácteo liderado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
• Definir e regular un sistema de trazabilidade do leite e dos produtos derivados do sector lácteo en España que permita asegurar o seguimento dende o produtor ata o consumidor.
• Mellorar a etiquetaxe para que permita ao consumidor valorar a procedencia do leite.






















A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.



