BURELA (FNC). Hoxe foi presentada a programación cultural do Concello de Burela para o último trimestre do ano ha que haberá cine, teatro para adultos e para nenos, música e exposicións. A edil de Cultura, Neves Cando, anunciou que “esta fin de semana comenzamos en Burela a programación cultura de outono cunha oferta novidosa, a proxección de dúas películas da XXXI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo que acaba de concluir, e que teremos a oportunidade de disfrutar aquí en Burela. Trátase da película La clase, un filme francés gañador da palma de ouro no festival de Cannes e que competiu na sección oficial en Lugo. Poderemos vela este venres 2 de outubro a partires das 21.00 horas no auditorio da Casa da Cultura. E o sábado día 2 ás 18.00 horas disfrutaremos da película Pérez, el ratoncito de la suerte 2, un filme español de animación e imaxes reais que tamén se presentou na sección de cine infantil na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. E a partires de aquí comenza a programación teatral que aposta un ano máis polo público infantil e polo público adulto de Burela”.
Cando suliñou que “para o público máis pequeno teremos tres representacións teatrais. A primeira será o 17 de outubro ás 18.00 horas coa obra Chincha rabincha de A xanela do Maxín. O 31 de outubro os nenos poderán disfrutar da obra Cósima de Sarabela Teatro e o 14 de novembro Caramuxo Teatro porá en escea a obra Os bolechas. Todas serán ás seis da tarde no auditorio da Casa da Cultura”.
A concelleira nacionalista segue a explicar que “para o público máis adulto temos dúas ofertas diferenciadas, por un lado tres compañías teatrais do mellor que hai no panorama profesional galego e por outro tamén apostamos polo teatro afeccionado que tamén ten moita acollida entre nós”. O 23 de outubro Teatro Noroeste representará Glass city. O 6 de novembro Adaba Teatro-Carlos Blanco porá en escea So. E o venres 20 de novembro os veciños de Burela poderán disfrutar da obra Testosterona de Chévere Teatro. Todas as obras serán ás 21.30 horas no auditorio da Casa da Cultura. Neves Cando engadiu que “polo que se refire ao teatro afeccionado, o venres 27 de novembro poderemos disfrutar de Un mal día, a cargo do grupo teatral Raiolas de Alfoz; o 4 de decembro será o turno para Adala de Fazouro con Mazás de cuco; o 11 de decembro O Bordelo de Cervo porá en escea a obra O espello do prestamista e para rematar e como novidade este ano teremos o 18 de decembro Cedeúve Teatro de Vilalba representará 6 x 4…dúas ducias”.
A concelleira de Cultura tamén destacou como novidade este ano “o concertó conxunto que ofrecerán a Coral Polifónica de Burela e a Banda de Música de Viveiro. Será o 7 de novembro ás 21.00 horas no auditorio da Casa da Cultura”. Ademáis Burela acollerá nos vindeiros meses ata seis exposicións de fotografía e pintura.


























Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.



