O Vicedo, 23 de xullo de 2015.- O grupo municipal do PSdeG-PSOE do Vicedo vén de presentar na mañá deste xoves tres mocións con vistas ao vindeiro pleno municipal.
Comisións
Adrían Piñón Dominguez e Inma García Escourido, concelleiros de Bloque Nacionalista Galego (BNG), e Vicente César Parapar Carreja, concelleiro de Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE (PSdeG-PSOE), en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF) e demais normativa que poida resultar de aplicación, presentan, diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base a seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Tal e como se recolle na lexislación vixente, os Plenos dos concellos poden acordar a creación de comisión informativas.
O artigo 59 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia establece que todos os concellos deberán ter unha Comisión de Contas ( a única obrigatoria para os concellos de menos de 5000 habitantes) e que, co fin de complementar a organización municipal, se poderán crear comisións informativas.
Así mesmo, o artigo 123 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en adiante ROF, fala destas comisións e da súa función (estudo, informe e consulta de asuntos que deben someterse ao Pleno ou Xunta de Goberno)
Por outra parte o artigo 82.2 do ROF di: Na orde do día so poden incluírse os asuntos que fosen previamente ditaminados, informados ou sometidos á consulta da Comisión Informativa que corresponda.
Partindo da base de que cabe a posibilidade de convocar ás comisións a representantes de asociacións e entidades nomeadas no artigo 72 da Lei de Bases do Réxime Local para coñecer a opinión a respecto dun tema, entendemos que se deberían de constituír as comisións de Asuntos do Pleno, a de Pesca, Agro e Gandería, así como a de Turismo, Cultura e Patrimonio.
O obxectivo destas comisións sería a de informar os asuntos que van a ir á Pleno, así como fomentar e mellorar a actividade do sector primario do noso concello e crear un plan de turismo no Vicedo coa posta en valor do noso patrimonio e cultura.
É polo que sometemos a debate e aprobación do pleno dita moción co fin de adoptar os seguintes:
ACORDOS
1.- Creación da Comisión de Asuntos do Pleno (formada polo Alcalde e os portavoces dos distintos grupos municipais)
2.- Creación da Comisión de Pesca, Agro e Gandería
3.- Creación da Comisión de Turismo, Cultura e Patrimonio
Festas populares e orquestras
Vicente César Parapar Carreja, concelleiro do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE), en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base a seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Galicia ten unha forte tradición popular vinculada ás festas populares que cada ano se celebran vinculadas ás parroquias. Non obstante cabe destacar que a pesar de haber en Galicia 314 concellos, estes divídense á súa vez en 3.792 sedes eclesiásticas que conforman as denominadas parroquias.
Tan arraigada está a tradición da “festa galega” que en case todas estas parroquias, polo menos unha vez o ano, se celebra unha festividade anual que contén sempre unha actuación musical en directo. É por isto que o número de verbenas en Galicia é superior a 3.000 por ano acadando a cifra de 12.000 actuacións musicais vinculadas a estas celebracións, o que deu lugar a unha industria musical propia e enmarcada dentro deste conglomerado lúdico, festivo e singular que “move máis recursos e xera máis emprego que todas as actividades musicais que se desenvolven hoxe en Galicia”.
O xeito de organizar e sufragar estas festas responde, en máis do 90 % dos casos, á promoción, xestión e financiamento por parte dos veciños das respectivas parroquias, que se organizan en comisións de festas, asociacións de veciños, etc. Este é un factor diferencial de organización das festas en Galicia con respecto ao resto de España, xa que fóra da nosa comunidade as festas son organizadas por organismos públicos e non directamente polos veciños.
É por isto que estamos asistindo a unha mobilización masiva do sector que manifesta unha fonda preocupación pola pervivencia desta actividade económica: dende as propias orquestras, os músicos e os promotores, que piden que se leve a cabo unha regulación do dito sector por parte da Administración, que teña en conta as especificidades de Galicia e que non poña en perigo un sector que factura uns 60 millóns de euros e emprega a máis de 7.000 persoas relacionadas co sector do espectáculo. Ademais do impacto que estas celebracións teñen a nivel social e tamén noutros sectores como son o turismo e a hostalería.
Por todo iso, este concelleiro presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal o seguinte ACORDO:
O Pleno do Concello de O Vicedo insta ó Goberno galego para que se dirixa ó Goberno de España, previo diálogo co sector citado, en demanda dunha regulación fiscal que atenda as súas peculiaridades e dunha revisión da lexislación de espectáculos e das licenzas de actividades correspondentes, hoxe fortemente restritivas da actividade das orquestras e das festas populares.
Inventario de bens e dereitos do concello
Vicente César Parapar Carreja, concelleiro do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE), en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN relativa á formación do inventario valorado de tódolos bens e dereitos do Concello, en base a seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
As persoas xurídicas, ao igual que as persoas físicas, necesitan para o cumprimento dos seus fins e para a satisfacción das súas necesidades, dun conxunto de bens e dereitos que constitúen o seu patrimonio. Pois ben, as entidades locais, coma persoas xurídicas de dereito Público, con capacidade plena para o exercicio das súas funcións, necesitan tamén ser titulares de bens e dereitos.
Entre os moitos deberes que as corporacións locais teñen ao seu cargo, o de custodiar e conservar celosamente o patrimonio da respectiva entidade é, sen dúbida, un dos de maior rango e transcendencia.
É importante ter patrimonio, pero tanto como isto é telo en regra, é dicir, debidamente inventariado, actualizado e valorado porque si para todos é desexable a constancia documental, para a Administración Pública é imprescindible por ser a base para a súa constatación, conservación e xestión. De aí que a Lei obrigue ás corporacións municipais de formar o seu inventario valorado de todos os bens e dereitos de calquera clase que pertenzan ao Concello. Ten, pois, o inventario unha vocación de universalidade evidente xa que aspira a reflectir a totalidade dos bens e dereitos da Entidade.
Na actualidade, o seu réxime xurídico, está prevista nas seguintes normas:
Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LRBRL). Capítulo I, artigos 79 ao 83 do Título VI.
Texto refundido das disposicións legais vixente en materia de réxime local (TRRL), aprobado por Real decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, Título VI, Capítulo I, artigos 74 ao 87.
Regulamento de bens das entidades locais (RB), aprobado polo Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño (BOE de 7 de xullo).
Lei 5/1997, de 22 de xullo (DOG de 5 de agosto), reguladora da administración local de Galicia, artigo 278.
Real Decreto 1174/1987, de 18 de setembro, de réxime xurídico dos funcionarios da administración local con habilitación nacional (RJFHN).
Así os artigos 17 a 30 do RB regulan con toda precisión os epígrafes en que se agruparán os bens e dereitos en función da súa natureza e os datos a reseñar no inventario de cada un deles.
Os artigos 86 TRRL e 33 RB dispoñen que o inventario rectificarase anualmente reflectindo as vicisitudes de toda índole dos bens e dereitos durante esa etapa. Así mesmo dispoñen estes preceptos que se efectúe a comprobación sempre que se renove a corporación.
O artigo 278 da Lei 5/1997 dispón a obrigatoriedade de formar inventario valorado de todos os bens e dereitos, de remitirlle copia ao órgano competente da Comunidade Autónoma, da súa rectificación anual e comprobación sempre que se renove a corporación.
O Pleno da Corporación será o órgano competente para aprobar o inventario e as súas rectificacións anuais, e hanse de remitir á administración do estado ou órgano competente da Comunidade Autónoma tanto a copia do inventario como das rectificacións anuais.
A levanza e custodia do inventario está asignada, como función de fe pública, á Secretaría da Corporación (artigo 2j. RJFHN), a que tamén corresponde a súa autorización co visto e prace do Presidente da mesma.
É por isto que este concelleiro presenta esta MOCIÓN diante do Pleno desta Corporación para que se tome o seguinte acordo:
Os órganos de Goberno do Concello do Vicedo tomarán, coa maior brevidade posible, as medidas oportunas para formar o inventario valorado de todos os bens e dereitos do Concello e logo o remitirán ao Pleno desta Corporación para a súa aprobación.
















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



