Nota de Prensa
O deputado popular explicou que a resposta de Pilar Farjas na vindeira sesión plenaria do Parlamento de Galicia contribuirá a clarexar ás dúbidas existentes respecto desta cuestión
BALSEIRO INTERPELARÁ Á CONSELLEIRA DE SANIDADE SOBRE O MANTEMENTO DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA
* Balseiro indicou que rexistrou a pregunta parlamentaria pero que ten moi clara a resposta: “Sanidade non suprimirá a área sanitaria da Mariña , ao contrario, estuda incrementar o catálogo de servizos do Hospital da Costa”
* Os populares censuran a política de confusión e medo que están a levar adiante PSOE e BNG e pide que veciños e medios de comunicación xulguen ao PP e á nova Xunta polos feitos “e non e base a suposicións ou figuracións de futuro sen ningún fundamento”.
Santiago, 29 de setembro de 2009.- O deputado mariñán do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol presentou en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria a través da que os populares interpelarán na vindeira sesión plenaria da Cámara galega á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, sobre o mantemento da área sanitaria da Mariña. Segundo explica o parlamentario do PPdeG a intención desta formación política é que a resposta da titular do departamento autonómico de Sanidade contribúa a clarexar as dúbidas que existen respecto desta cuestión.
PSOE E BNG: ESTRATEXIA DE CONFUSIÓN É MEDO
Balseiro Orol volve a censurar a estratexia de confusión e medo que están a levar adiante tanto os nacionalistas como os socialistas na comarca, “atribuíndo á nova administración autonómica a falsa intención de baleirar de servizos ao Hospital da Costa”. Para o parlamentario popular centrar a crítica política dos partidos de oposición “en base a unha serie de criterios falsos e nun asunto tan sensible como é o que afecta aos servizos chamados a garantir a saúde das persoas” é un comportamento que “acabará por ir en contra de BNG e PSOE, pois os veciños censurarán a aqueles partidos que os teñen enganado”.
O deputado popular insiste en que nunca rexistraría esta pregunta no Parlamento de Galicia se non fose porque ten a total seguridade de que a resposta será satisfactoria e, polo tanto, que a Consellería de Sanidade non só non ten previsto suprimir a área sanitaria da Mariña lucense senón que, ademais, a intención dos responsables autonómicos de saúde é estudar a ampliación do catálogo de servizos e prestacións que a día de hoxe se ofertan no Hospital da Costa. Balseiro Orol novamente subliña que a prioridade da acción do Goberno na Mariña está en traballar para recuperar un sistema público de saúde “deteriorado e colapsado” como consecuencia da nefasta xestión do Executivo bipartito.
FEITOS E NON SUPOSICIÓNS
“Hoxe están a poñer o grito no ceo e a autoerixirse en defensores da sanidade comarcal os mesmos partidos que, cando tiveron responsabilidades de Goberno na Xunta esqueceron o noso Hospital e desatenderon ás necesidades do noso sistema de saúde”-afirmou Balseiro. Finalmente o deputado mariñán pediu a veciños e medios de comunicación que ao PPdeG e á Xunta “se nos xulgue polos feitos e non en base a suposicións, erradas interpretacións das palabras da Conselleira ou figuracións de futuro sen ningún fundamento”.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



