Cervo, 27 de xullo de 2015.- O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, achegouse este luns a San Cibrao para supervisar, en compañía do alcalde de Cervo, Alfonso Villares; do deputado autonómico e primeiro tenente de alcalde cervense, José Manuel Balseiro; e doutros membros do goberno municipal, o pantalán flotante colocado no porto da vila. Trátase dunha instalación de 12 por 2,5 metros que era moi reclamada polo Concello e os usuarios do porto.
A infraestrutura, que entrará en servizo nas vindeiras semanas, toda vez que se rematen as últimas actuacións, está composta dun módulo de 12 metros e pasarela de acceso ao mesmo. Suxeito ao peirao a través de bigas de aceiro galvanizado dispón duns rolos que adaptan a superficie flotante á altura marea e estabilizan a mesma. Ademais terá un peche que protexe e garante o acceso á superficie principal ás persoas autorizadas.
O investimento autonómico previsto, incluído o material suplementario e ás propias obras de instalación do pantalán, supera os 15.000 euros, que o ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, achega co obxecto de facilitar as operacións de atraque e acceso ás embarcacións de menor porte, en especial, aos socios e usuarios da mariña seca e do Club Náutico de San Cibrao.
Alfonso Villares insistiu na gran demanda que tiña San Cibrao dunha instalación para a náutica recreativa: “é un pantalán que lles vai servir ás persoas de San Ciprián que teñen algún tipo de embarcación náutica para poder embarcarse nela. Era moi demandada polos que están vinculados ao mar en San Ciprián e, polo tanto, moi solicitada e moi demandada por nós ao ente autonómico para que, se fose posible e canto antes, nos fixeran chegar unha instalación deste tipo. Xa a temos posta no porto e vai estar todo o verán. Evidentemente, na época invernal nalgún momento teremos que quitala do mar, pero polo menos na época na que a xente do mar en San Ciprián se achega para poder gozar ou traballar nel vai poder dispoñer dun pantalán, moi importante e necesario para a xente do noso mar”.
Pola súa banda, o deputado autonómico Jose Manuel Balseiro puxo en valor as xestións desenvolvidas no Parlamento de Galicia e que hoxe se materializan nesta actuación.
Ademais o alcalde destacou que nos últimos anos foron importantes as obras impulsadas por Portos de Galicia e dirixidas á mellora do peirao de San Cibrao, incluído o reforzo da escollera e a dotación de puntos de luz, a propia Mariña seca e outras actuacións de mellora solicitadas desde o Concello e polos usuarios.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



