Lugo, 29 de xullo de 2015.- A Deputación Provincial de Lugo favorecerá o acceso e a participación dos colectivos sociais nas axudas públicas. A presidenta da institución, Elena Candia, explica que ata agora o proceso de concesión empregado polo anterior goberno limitaba a posibilidade de acceso a estas axudas e “nos o que propoñemos é maior transparencia e igualdade de oportunidades”.
Con esta finalidade, a presidenta da Deputación e a deputada delegada de Benestar, Igualdade e Mocidade, Mari Teijeiro, mantiveron este mércores pola mañá unha reunión con máis de 80 entidades sociais no salón de plenos da institución. Dende o organismo provincial fíxose unha convocatoria pública a todos os colectivos sociais da provincia para coñecer as necesidades do terceiro sector e solicitar a súa colaboración á hora de elaborar mecanismos de resposta e liñas de axuda.
Candia lembra a opacidade do anterior goberno no reparto de axudas aos colectivos sociais. Ata agora a Deputación de Lugo só concedía subvencións a estas entidades a través do procedemento directo (excepcional ou nominativo), pero non existía unha liña de axudas por concorrencia competitiva, cando a normativa de subvencións recolle que este último debe ser o procedemento ordinario.
Dende o organismo provincial consideran que a utilización única e exclusivamente da fórmula da concesión directa de subvencións empregada ata agora non está a favorecer a participación e o acceso as axudas públicas en igualdade de oportunidades a todos os colectivos.
Deste xeito, o novo goberno provincial sacará adiante un mecanismo “máis transparente e máis xusto, que permita a participación de todos os colectivos en igualdade de condicións, xa que ata agora son poucas as entidades que coñecen o procedemento que está a seguir a Deputación para acceder a elas”, asegura Candia.
Polo tanto, na reunión de hoxe dende a Deputación de Lugo quixeron coñecer as necesidades das asociacións e as súas propostas de criterios de valoración, coa idea de buscar un mecanismo de colaboración que contemple liñas de axuda que cubran as súas necesidades máis comúns e latentes; que todos os colectivos coñezan a existencia desas liñas; e que exista unha maior transparencia na concesión das mesas e un maior rigor para poder acceder a elas.
Necesidades e criterios
Candia enumerou unha serie de necesidades básicas que de xeito xeneralizado lles trasladaron os colectivos na reunión de hoxe. A presidenta provincial fixo referencia á necesidade de poñer en marcha unha liña de axudas para cubrir gastos de mantemento dos servizos (alugueiro do local, gastos correntes, recursos humanos e de material de traballo); así como o reforzo no apoio para a inserción laboral e acceso á formación de diferentes colectivos ou a dificultade que atopan outros para cubrir gastos de desprazamento.
En canto aos criterios a ter en conta na valoración para a concesión das axudas, os colectivos sociais citaron, entre outros, a experiencia da entidade na atención desas necesidades; a especial vulnerabilidade dos colectivos obxecto de atención (dobre ou triple marxinación); o número de beneficiarios, os proxectos dirixidos á creación ou xeración de emprego ou que sexan proxectos que atendan necesidades descubertas na provincia.
Plan de Traballo
A deputada delegada de Benestar, Igualdade e Mocidade, Mari Teijeiro, explicou que a reunión de hoxe “tratouse dunha primeira toma de contacto coas asociacións, para coñecer as súas necesidades e estudar mecanismos de axuda para darlles resposta”.
Unha vez estudadas as necesidades presentadas polos distintos colectivos e dispoñendo, a maiores, dos criterios de valoración achegados polas entidades sociais na reunión de hoxe; a Área de Benestar, Igualdade e Mocidade, apoiándose nos técnicos da Deputación, elaborará un borrador de criterios e de liñas de axudas de xeito que “se adecúen ás necesidades manifestadas hoxe, dando prioridade ás que se compartan en maior grao”, explica Mari Teijeiro.
Posteriormente, este borrador enviarase aos colectivos e estará aberto a propostas emendas e engádegas. Por último, celebrarase de novo unha segunda reunión para dar a máxima publicidade a esta liña de axudas. Teijeiro concluíu ao asegurar que para ter unha planificación real de traballo por parte das asociacións “é preciso que estas coñezan as subvencións ás que poden acceder”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



