Lourenzá, 29 de xullo de 2015.- O curso de técnicas de estudo organizado pola Concellería de Educación de Lourenzá e impartido por Espazo Garabatos comezou o pasado luns, 27 de xullo, con todas as súas prazas completas. Así o explicou a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, que presentou esta actividade acompañada do concelleiro de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron. A formación está dirixida a nenos e nenas entre os 10 e os 14 anos e impártese os luns, mércores e venres en sesións de hora e media, ao longo de 10 sesións.
A rexedora municipal salientou que “este curso tivo unha gran acollida entre os máis xoves e cubríronse todas as prazas previstas. Temos un activo moi valioso que son os nosos xoves, eles son o futuro de Lourenzá. Debemos apostar por eles e proporcionarlles medios e ferramentas que lles permitan formarse dun xeito mellor e máis rigoroso e ir así encamiñando a dirección do que será o seu futuro profesional”.
Rocío López destacou tamén a cualificación e a especialización do persoal de Espazo Garabatos neste tipo de cursos e indicou: “eu fun estudante e a maioría das veces o éxito no estudo non está en facelo durante horas e horas, senón en saber como estudar para render mellor e obter os mellores resultados. Esta é unha das moitas cuestións e técnicas que aprenderán os alumnos ó longo deste curso. Esta actividade está destinada á mellora do rendemento escolar dos máis xoves. Con isto o que se pretende é que os alumnos desenrolen hábitos correctos de estudo que lles permitan a súa vez optimizar o rendemento á hora de estudar”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



