Alfoz, 31 de xullo de 2015.- O xoves 31 Xurxo Souto presentou o seu libro Contos do mar de Irlanda no Bar San Pedro de Alfoz.
Comezou intervindo Lionel Rexes para narrar a historia do inmóbel que ocupa o devandito bar, a continuación Xurxo Souto explicou o vínculo entre o Gran Sol e esta taberna alfocesa. No ano 2003, o mariñeiro Emilio Lorenzo rescatou das augas do Gran Sol un escudo do Deportivo da Coruña que despois regalou á Peña Deportivista Pardo de Cela, colectivo con sede no Bar San Pedro.
O presidente da devandita Peña, Enrique Lorenzo “Muro”, elaborou para esta ocasión a comida acostumada nas festas da Peña, lacón asado e pan artesán feito por el mesmo. De tal xeito, o público asistente foi agasallado cuns petiscos ao remate do acto.
Durante o evento, Xurxo Souto entrevistou a varios mariñeiros, entre eles a Emilio Lorenzo, do mesmo xeito deu voz aos dramaturgos Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, presentes no acto; pois no libro descríbese a vinculación entre as orixes do teatro galego independente e os mariñeiros do Gran Sol, ademais, Souto comezara a súa intervención facendo referencia a Contos do Valadouro, libro do que son coautores os dramaturgos mencionados xunto a Isaac Ferreira.
O numeroso público adquiriu exemplares de Contos do mar de Irlanda e fixo cola durante case unha hora para que o autor lles adicase o libro.
Fotos: 1) No exterior do bar Emilio Lorenzo e Xurxo Souto.
2) Ao remate do acto X. Souto, Lionel Rexes e Enrique Lorenzo.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



