Foz, 3 de agosto de 2015.- O K2 cadete do Club Kayak de Foz formado por Juan Rivas e Noel García, dentro do ‘top ten’ da clasificación.
Este domingo, as sombras dos aprazamentos e suspensións que se cernían sobre a travesía da ría de Foz, dixeron adeus. Desde as 17:15 o río Masma convertiuse nun fervedoiro de padexeiros dispostos a inscribir os seus nomes no palmarés da terceira regata máis antiga de España, despois do descenso do Sella e do descenso do Miño en Lugo.
Os 446 homes e mulleres inscritos – cadetes, xuvenís, séniors e veteranos -, deseguida ocuparon posicións ao longo da imaxinaria liña de saída, xa que a liña de boias disposta pola Federación non resistiu a forza da marea. Para que todo funcionase perfectamente, a Travesía estruturouse en catro saídas distintas, en función das velocidades dos barcos. Así, os primeiros en saír foron os k2, os barcos de equipo; a continuación saíron os homes K1, seguidamente as mulleres K1 e por último, as canoas home C1.
Para vixiar que a regata transcorrese sen ningún tipo de incidente, a organización dispuxo 18 embarcacións de asistencia e apoio – pertencentes á recentemente creada Asociación ‘A Ribeira’ – ás que se lles uniu a Salvamar Sargadelos con base en Burela. Tamén se contaba con observadores en terra en distintos puntos estratéxicos do percorrido en permanente contacto coas embarcacións, ademais de contar a pé de regata con persoal de protección civil e ambulancia.
Hai que destacar, sobremaneira, a espléndida actuación das embarcacións de apoio axudando aos participantes que, no tramo final da regata, non podían manter a verticalidade nunha ría cuxo estado se complicaba por momentos. Non obstante, grazas a este dispositivo púidose finalizar a regata sen ningún tipo de incidente.
No estritamente deportivo, sinalar que a regata discorreu polas canles normais dunha competición desta envergadura. Como vén sendo habitual, os barcos K2 séniors foron os grandes dominadores desta proba. O CP Vilaboa de Antonio Palmas e Brais Sánchez, o Club Los Cuervos dos irmáns Miguel e Javier Fernández Castañón e o CP Viveiro de Javier Illanes e Alberto Pigueiras comandaron a proba de principio a fin, entrando por esta mesma orde en meta.
Entre os piragüistas locais destacar o oitavo posto conseguido polo K2 cadete de Juan Rivas e Noel García que investiron un tempo de 53:01 en cubrir os doce quilómetros do percorrido e o décimo posto alcanzado por Angel Antonio Gómez en K1 veterano.
A clasificación final por clubs quedou encabezada polo Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón, segundo foi a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e terceiro o Club Piragüismo Vilaboa. O Club Kaiak de Foz, a pesar de ter oito barcos inscritos (dous K2 e seis K1), ocupou unha máis que meritoria vixésima praza. Como anécdota, só quedou un club dos 32 inscritos sen puntuar, o Club Piragüismo Illa de Arousa.
Clasificacións xerais
Home Cadete k1
1.- Martiño Beloso, Naval de Pontevedra, 52:53
2.- David Da Rocha, Kayak Tudense, +01:54
3.- Ramón Fernández, Fluvial de Lugo, +02:28
…
23.- FRANCISCO ANDREY FERNÁNDEZ, KAYAK DE FOZ, +25:21
36.- PASCUAL IVAN FERNÁNDEZ, KAYAK DE FOZ, Retirado
… ata 38 inscritos
Home Cadete K2
1.- Luis Rodríguez/Francisco Silva, Cofradía Pescadores Portonovo, 46:24
2.- Julio González Matilla/Pablo F. Morado, Ciudad de Lugo, +01:33
3.- Iván Fernández/Kevin García, Náutico Ría de Betanzos, +01:53
…
8.- JUAN RIVAS/NOEL GARCÍA, KAYAK DE FOZ, +06:37
… ata 29 inscritos
Home Xuvenil K1
1.- Sergio Couso, Naval de Pontevedra, 47:39
2.- Carlos Durán, Grupo Xuvenil As Pontes, +03:28
3.- Andreu Mor, Xino-Xano, +04:41
…
22.- JESÚS ALARCON, KAYAK DE FOZ, +23:29
.. ata 26 inscritos
Home Xuvenil K2
1.- José Janeiro/Eugenio López, Piragüismo Vilaboa, 45:24
2.- Raúl Iglesias/Oscar Iglesias, Ría de Aldán-Hermanos Gandón, +02:31
3.- Iván Villanueva/Alexandre Castro, Ciudad de Pontevedra, +03:15
…
15.- XOAN GARCÍA/JAVIER VILA, KAYAK DE FOZ, Retirado
… ata 15 inscritos
Home senior K1
1.- Gabriel Hernández, Kayak Tudense, 45:03
2.- Ion Carballo, Donostia Kayak, +00:09
3.- Diego Dacosta, Ría de Aldán-Hermanos Gandón, +00:46
…
20.- RAMÓN LANZÓS, KAYAK DE FOZ, +07:24
… ata 44 inscritos
Home veterán K1
1.- Antonio Polo, Grupo Xuvenil As Pontes, 46:31
2.- Bernardo Sánchez, Fluvial O Barco, +01:14
3.- Carlos Piñeiro, Fluvial de Allariz, +04:54
…
11.- ANGEL ANTONIO GÓMEZ, KAYAK DE FOZ, +11:57
… ata 37 inscritos
Muller cadete K1
1.- Marta Iglesias, Ría de Aldán-Hermanos Gandón, 53:08
2.- Alba Lorenzo, Ciudad de Pontevedra, +04:43
3.- Sarah Miguel, Naval de Pontevedra, +08:33
…
24.- MAYRA ALARCÓN, KAYAK DE FOZ, +28:13
… ata 41 inscritas
Clasificación de clubs
1.- Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón, 1273 puntos
2.- Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra, 1188 puntos
3.- Club Piragüismo Vilaboa, 955 puntos
4.- Club Naval de Pontevedra, 824 puntos
5.- Club Kayak Tudense, 701 puntos
6.- Club Náutico Firrete, 645 puntos
7.- Club Náutico Ría de Betanzos, 560 puntos
8.- Club Deportivo Náutico Miño, 541 puntos
9.- Club Piragüismo Ciudad de Lugo, 518 puntos
10.- Club Fluvial de Lugo, 491 puntos
11.- Club Náutico Pontecesures, 451 puntos
12.- Club Náutico Cobres, 442 puntos
13.- Piragüismo Rías Baixas-Náutico Boiro, 388 puntos
14.- Club de Piragüismo Viveiro, 357 puntos
15.- Club Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes, 352 puntos
16.- Club Cofradía Pescadores Portonovo, 308 puntos
17.- Club CMDC Breogán do Grove, 223 puntos
18.- Club Escola Piragüismo Poio-Conservas Pescamar, 192 puntos
19.- Sociedad Deportiva As Xubias, 189 puntos
20.- Club Riberas do Tambre-Ternera Gallega, 164 puntos
21.- Club Kayak de Foz, 164 puntos
22.- Club Piragüismo Altruán de Ribadeo, 154 puntos
23.- Club Piragüismo Fluvial de Allariz, 130 puntos
24.- Club Piragüismo Río Verdugo, 123 puntos
25.- Club Piragüismo Narón, 106 puntos
26.- Club Los Cuervos de Pravia, 102 puntos
27.- Club Fluvial O Barco, 96 puntos
28.- Club Náutico de Cambre, 86 puntos
29.- Club Cabanas KDM-Norinver, 73 puntos
30.- Club Donostia Kayak, KE, 52 puntos
31.- Club Xino-Xano, 49 puntos
32.- Club Piragüismo Illa de Arousa, 0 puntos






















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
