Burela, 11 de agosto de 2015.- O Burela Pescados Rubén incorpora ao seu persoal á porteira Eva Lema Leis que chega ao conxunto mariñao procedente do Viaxes Amarelle. A moza gardamallas, natural da localidade coruñesa de Muxía, conta con experiencia na máxima categoría e aportará “frescura, competitividade e moita ilusión ao equipo” declarou o presidente da entidade burelesa, Manuel Blanco, que acompañado da directiva Alba Vila exerceron de anfitrións na presentación de Eva Lema. Ambos dirixentes destacaron “a calidade, personalidade e proxección de futuro de Eva. Malia a súa mocidade é unha aposta tamén de presente sendo unha referencia na selección galega Sub21”
Con 20 anos, Eva Lema chega ao CD Burela FS Pescados Rubén “cunha enorme ilusión, era unha proposta que non podía rexeitar xa que é unha excelente oportunidade para a miña carreira deportiva. Veño con moitas ganas de aprender e progresar como deportista ao formar parte dun club que é unha referencia nacional e con ambicións deportivas”. O salto a nivel competitivo non supón ningún problema para Eva que considera este paso “un factor motivacional moi importante para min, agradezo ao Viaxes Amarelle a súa confianza en min durante este tempo e desde o club herculino amén me animaron para dar este salto na miña carreira. É un orgullo vestir a camiseta do Burela Pescados Rubén e estou preparada para competir e defender estas cores”.



















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
