Ribadeo, 12 de agosto de 2015. A embarcación 747 Mare Masma, de Foz, gañou a regata V Trofeo Abanca de cruceiro local disputada dentro das actividades da 25ª Semana Náutica Ría de Ribadeo e que contou con 13 participantes.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, destacou que “se varió un poco el trazado de la regata y, una vez dada la salida y tomada la boya de desmarque situada frente al Cargadero, se incluyó un triángulo entre la boya colocada en Arnao, la boya de virada situada fuera de la bocana de la ría y de nuevo la boya del Cargadero. Esto obligó a repetir la maniobra de salida de la ría para volver en una empopada desde la boya de virada a la línea de meta, lo que permitió que los barcos participantes sacasen sus velas de Spinnaker y Gennaker, que pusieron la nota de color en nuestra ría”.
Para este mércores 12 de agosto ás 17.00 horas está programada a última regata desta edición da 25ª Semana Náutica Ría de Ribadeo: o IV Trofeo Semana Náutica de crucero local. Pero ademais este xoves, 13 de agosto, a partir das 14.00 horas celebrarase unha zalea ata o muíño de As Aceas e os actos concluirán o sábado 15 ás oito da tarde coa entrega de trofeos.
Asemblea xeral Real Club Náutico de Ribadeo
Por outra banda, para este venres, día 14, ás 21.00 horas, en segunda convocatoria, celebrarase a asemblea xeral ordinaria de socios do Real Club Náutico de Ribadeo. Será no salón da primeira planta das instalacións do club.























Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
