O alcalde socialista de Alfoz, Jorge Val Díaz, supervisou este mércores as melloras que se están a executar nas estradas provinciais LU-P-0202 e LU-P-0210. Trátanse dunhas obras que viñan demandando os veciños e coas que se comprometeu o actual Rexedor. Val Díaz solicitou ao Goberno progresista da Deputación de Lugo a súa execución, tendo en conta as peticións veciñais, así como o numero tránsito que rexistran estas vías. O Executivo de Gómez Besteiro incluíu estas actuacións no Presuposto Participativo do organismo provincial para 2015, achegando ás mesmas 170.000 euros. Estes traballos foron adxudicados xa no mes de xuño, pero o actual Goberno provincial do PP retrasou a súa posta en marcha ata agora.
Son dúas vías que están unidas, que vertebran o Concello de Alfoz e que fan de principal acceso ao aserradeiro ou á gardería municipal, ademais de seren as estradas máis empregadas para ir dende este municipio ata o de Foz.
Rexistran abundante tráfico, chegando a transcorrer ata 200 camións ao día. Discorren polas parroquias de Seara, Carballido e O Castro, polo que os 800 habitantes destas localidades as empregan a cotío.
As obras que se están a realizar consisten na mellora do firme con aglomerado en quente e da sinalización horizontal e vertical, ademais da limpeza de cunetas. Actúase en máis de 2 quilómetros e en dous treitos. Estes son: na LU-P-0202, de San Acisclo a Oiras, dende o punto quilométrico 3,650 ao 5,050; na LU-P-0210, de San Acisclo por Allegue a San Antonio, dende o 3,270 ao 3,910.






















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



