O Vicedo, 12 de agosto de 2015.- Celebrouse na mañá deste mércores a ruta mixta de sendeirismo e kayaks entre Barqueiro e Bares. Máis de 50 persoas participaron nas dúas partes que comezaron co ascenso ata a zona da mina Sonia de Cuarzo para, a continuación, irse achegando ata a zona da Garita de Bares e ir baixando ata a Vila de Bares e, finalmente, ata o porto de Bares. Hai que destacar que para esta primeira parte de sendeirismo participaron uns 60 camiñantes.
A continuación os participantes embarcaron en kayaks para percorrer esa parte da Ría para chegar, de novo, ó porto do Barqueiro. Foi unha xornada de temperaturas moi agradables e nunhas condicións perfectas para o sendeirismo e os kayaks.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



