Sábado, 15 de agosto de 2015.- O delegado de pesca na Deputación de Lugo, Demetrio Salgueiro, salientou este sábado os 95.285 euros que o Organismo provincial destinará ás Confrarías da provincia que solicitaron as axudas para o sector pesqueiro.
O popular explicou que o Ente Provincial recibiu 36 solicitudes para pescadores, das cales, 33 foron aprobadas, dúas denegadas e houbo unha renuncia. Aclarou que se denegaron dúas porque unha tratouse dunha solicitude para unha embarcación domiciliada fóra da provincia lucense e outra por presentarse fóra de prazo.
“Podemos dicir, polo tanto, que o 100% das solicitudes rexistradas que cumpriron os requisitos foron aprobadas e a maioría no total do importe da solicitude presentada”- manifestou Demetrio Salgueiro.
O deputado delegado de pesca explicou que esta liña de axudas ten por obxecto o apoio ao sector pesqueiro de baixura coa mellora de embarcacións con porto base na Mariña Lucense e afirmou que é un exemplo máis do compromiso do PP co sector pesqueiro, “que xa tiñamos dende a oposición e que queremos sacar adiante agora con responsabilidades de goberno”.
Salgueiro lembrou que nada máis tomar posesión o goberno do PP na Deputación de Lugo, reuníronse con representantes do sector pesqueiro, onde se comprometeron a axilizar a resolución destas axudas que foron aprobadas no día de onte na Xunta de Goberno de forma definitiva. Engadiu o popular que desa xuntanza tamén saíron outras peticións por parte dos profesionais do mar que agora o Ente Provincial estuda levar a cabo.
MÁIS AXUDAS PARA ESTE SECTOR
O popular avanzou que a Deputación de Lugo está a estudar dúas novas liñas de axudas para este sector. Unha, dirixida ás mariscadoras para que poidan mercar equipamento como traxes de neoprenos e desenvolver con seguridade o seu traballo e outra dirixida á Federación Provincial de Confrarías, que leva a cabo accións de promoción do sector pesqueiro, unha das labores fundamentais para poder promocionar de forma conxunta os produtos da nosa provincia e que repercutan no sector.






















Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.



