Ribadeo, 17 de agosto de 2015. Ao redor de 400 persoas seguiron este domingo, o partido exhibición celebrado nas instalacións de Pádel Club Ribadeo e que reuniu a 4 xogadores World Padel Tour: Ramiro Moyano, Fede Quiles, Borja Yribarren e Godo Díaz.
Os organizadores aseguran que “tanto o clinic, no que participaron 45 persoas, como o partido foron un éxito. Estamos moi contentos co éxito”.
Desde esta tarde ao 23 de agosto terán lugar os partidos do IV Torneo de Verán de Pádel Club Ribadeo, no que se inscribiron 105 participantes. Coa inscrición os que asisten leváronse unha camiseta e poderán gozar dunha grellada gratuíta o día 22. Ademais sortearanse pas e material deportivo entre os competidores.
No patrocinio deste evento deportivo participan: Acisa, Grupo Ditram, Siete Pecados, AXA Seguros Oscar García Teixeira e Jim Sports. Colaboran: Gestión Gratelu, Sondeos Occidente, Drop Shot, Softee, Serviocio, Gráficas Ribadeo, Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo.