Burela, a 19 de agosto de 2015.- José María González Barcia, anterior alcalde e actual portavoz do Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirmou que “Llano, como de costumbre, perdeu algo máis de dous meses en falar ca xerente do Hospital, xa que o tiña que ter feito, de ser certa esa repentia preocupación pola sanidade que dice ter, á semana seguinte de tomar posesión”.
Barcia afirma que “o alcalde chega tarde a esta reunión coa xerencia, e chega tarde na petición da ampliación do Hospital: supoño que mudara de idea, porque se fose por él, a día de hoxe o PXOM, gracias ó que se pode ampliar o Hospital, non estaría aprobado, xa que non o apoiaron cando había que facelo, na sesión plenaria de 24 de marzo de 2014, e estaríase falando continuamente de que se perderon un montón de servicios. Se fose por él, segueríase negando a existencia do servicio de oncoloxía e quimioterapia, do servicio de hospitalización a domicilio, da segunda sala de endoscopias, o de que na segunda planta había goteiras em 2009 cando saíu o bipartito da Xunta e entrou o PP. Por eso dudo moito das intencións do alcalde, e polo tanto teño que decir, que a pesar deste home, o Hospital segue e seguirá avanzando”.
O actual portavoz popular confía en que “o actual alcalde, que sempre dixo que o Hospital perdera servicios, de decatase de que agora hai un servicio de oncoloxía e quimioterapia que funciona mui ben; un servicio de hospitalización a domicilio; unha segunda sala de endoscopias, etc., servicios que Llano ignorou e mesmo negou, e nunca percibiu como existentes e en funcionamento, porque nunca falou deles”.
Ademáis, González Barcia asegurou que “este home descoñece a colaboración que o concello tén co Hospital. Ademáis de manter contactos no seu día para unha posible reubicación do heliporto e do aparcamento durante as obras de ampliación, o goberno municipal do PP puxo en marcha, de acordo co Hospital, un servicio de axuda no fogar para enfermos que precisen cuidados paliativos. O que tén que facer o alcalde, antes de nada, é garantir a continuidade deste servicio, mui valorado polas familias que desgraciadamente tiveron que facer uso do mesmo. E tamén tén que manter o servicio da hora máxica, mui valorado polos enfermos ingresado”.
Por último, José María González Barcia indicou que “por empregar un calificativo suave, afirmar que a xerente se preocupa pola sanidade pública para, ademáis de unha obviedade, é unha bulra á propia xerente e á intelixencia humana, e demostra mui pouca categoría política, xa non digo persoal, por parte do alcalde. Se Llano se adicase ó seu traballo, ó concello, sólo a cuarta parte do tempo que lle adica a xerente ó Hospital, outro galo cantaría, e por exemplo non se perderían cursos de parados e a brigada contraincendios comenzaría en prazo, entre outras cousas”.

















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



