Foz, 19 de agosto de 2015.- O PSdG-PSOE de Foz, a través do seu grupo municipal, reuniuse coa Asociación de pais/nais dos alumnos da Escola de Música Municipal, coa finalidade de recoller as súas preocupacións e reclamacións.
O PSdG-PSOE de Foz, apoia as queixas da Asociación e se comprometa a reclamar ante o Alcalde e o seu E.G. tadas e cada unha das reclamacións manifestadas.
Nos últimos catro anos e particularmente en este momentos a E.Música Municipal, sufriu unha parálise e unha abandono por parte do sr Alcalde e o seu e.Goberno.
Como mostra do manifestado, hai que mencionar que en estes momentos non hai ningunha persoa con capacidade que teña responsabilidade na mencionada Escola, pola deixadez de este Goberno que dende se xubilou o Director, aínda non se procedeu a convocar a praza despois de dous meses.
O Alcalde aínda non quixo reunirse coa Asociación de Pais/Nais, para poder manifestarlle a súa preocupación pola mesma.
Dende o profesorado da Escola, se plantexou ao Alcalde un proxecto formativo necesario para mellorar a formación dos alumnos/as da Escola, que o sr Alcalde se nega a poñer en práctica.
Ante tal situación o P.S.de G-P.S.O.E esixe al Alcalde e ao G.Municipal as seguinte medidas:
-Convocar a praza vacante de Director da Escola, tal como figura na RPT do Concello, para poder organizar a matricula da Escola.
-Facer as modificación orzamentarias oportunas para dotar a partida de contratación de persoal para E..Musica.
-Convocatoria urxente, das prazas de profesores/as necesarios para facer realidade o proxecto educativo presentado no seu día, con máis horas de dedicación a escola.
-Modificar a Taxa da Escola de Música, previo consenso cos grupos políticos e escoita a Asociación de Pais /nais.















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



