Lugo, 19 de agosto de 2015.- Dende FRUGA valoramos coma moi frustrante a reunión sobre o sector lácteo celebrada este martes á tarde no ministerio de agricultura. O sector lácteo galego non pode agardar máis tempo a que as diferentes administracións tomen decisións. Ou se dan pasos inmediatamente para ir camiñando cara a unha solución ou elas seran as únicas responsables da evolución da contundencia das mobilizacións d@s gandeir@s e do avance no desmantelamento do sector lacteo galego.
Todo parece indicar que o ministerio esta máis preocupado pola subida do IPC que por que @s gadeir@s galeg@s perciban uns ingresos dignos polo seu traballo. Non sendo sequera capaz de copiar a solución aportada polos franceses, decide apostar por afundir máis o sector con chivatazos e consultas a Bruxelas.
FRUGA demanda a implicación real do goberno da XUNTA, co seu presidente a fronte, na defensa deste sector primario extratexico para a Galiza. É hora de deixarse de boas intencións e de bonitas verbas, e de escomenzar a recuperar os orgaos de interlocución entre os diferentes actores do sector (que a actual XUNTA se encargou de desmantelar), e de tomar decisións de goberno que defendan o sector e lle den un proxecto de futuro. De non ser asi, pediremos no marco da Plataforma en Defensa do Sector Lacteo Galego que se incremente a contundencia das mobilizacións programadas ata acadar un cambio de postura das administracións e dos outros axentes do sector implicados (distribución e industria).
FRUGA fai un chamamento @s gandeir@s galeg@s a acudir e participar activamente nas mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lacteo Galego (este xoves en Vilalba e o día 21 en Ordes, e o día 25 en Sarria), coma aviso os axentes do sector e as administracións de que non imos consentir o incremento das chantaxes que semana a semana se nos transmite con novas propostas de contratos inasumibles
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



