O Grupo Provincial Socialista desvela e demostra, con documentación oficial e pública, que Candia suprimiu máis de 260.000 euros para emprego na provincia, que o Executivo progresista de Gómez Besteiro deixou consignados no Orzamento Participativo de 2015 en resposta ás peticións dos veciños, para beneficiar aos Concellos do Partido Popular. Pois Candia destinou estes cartos ao incremento das Axudas ao Fogar en 500.000 euros (queda por coñecer de onde quitou a cantidade restante), que repartiu nun 66% entre os 33 Concellos do PP, nun 22% entre os 27 do PSOE e nun 12% entre os 6 de BNG e Independentes. Este reparto claramente partidista e discriminatorio compróbase coa comparación das subvencións concedidas en 2014 e 2015. Os socialistas denuncia que este é un novo ataque ao emprego e unha mostra máis das mentiras e artimañas caciquís de Candia.
Decreto para suprimir fondos para emprego
A propia Candia asinou o pasado 13 de xullo o decreto número 1843 para anular 263.825 euros para o fomento do emprego do Presuposto Participativo. Tal e como se pode ver no decreto, fíxoo para transferir estes fondos ao incremento da partida das Axudas ao Fogar. Os socialistas consideran que este é un novo ataque ao emprego na provincia, pois, nos pasados día, Candia perdeu 90.000 euros de fondos europeos para contribuír a inserción laboral de 135 desempregados lucenses a través dos cursos remunerados e con prácticas en empresas do Pacto Provincial polo Emprego. Este é un caso inédito, posto que durante os 8 anos de Goberno de Besteiro desenvolvéronse máis de 100 accións formativas por toda a provincia, nas que participaron milleiros de lucenses. De feito, a boa xestión dos fondos comunitario, supuxo que a Unión Europea premiase ao Executivo progresista ata en 3 ocasión con máis cartos. Pola contra, o Goberno de Candia non foi capaz de poñer en marcha tan só 9 destes cursos, xustificando a súa desidia con ataques persoais porque non puideron negar estes feitos que son irreversibles. A maiores, Candia segue sen poñer en marcha o Ben Empregado II, bloqueando a creación de 350 emprego na provincia.
Reparto dos 500.000 euros máis para as Axudas ao Fogar
Comparando con documentación oficial e pública as subvencións concedidas aos Concellos para as Axudas ao Fogar nas anualidades de 2015 e 2014 (estas últimas pódense ver na seguinte ligazón á Acta da Xunta de Goberno Provincial do 18 de xullo do ano pasado http://bit.ly/1WG94HD), compróbase a onde Candia dirixiu os 500.000 euros de incremento para as Axudas ao Fogar: 331.176 euros, é dicir, o 66% deste cantidade, foron para os 33 Concellos do PP; 109.949 euros, o 22% dos fondos, para os 27 do PSOE; e 58.875 euros, o 12%, para os de BNG e Independentes. Polo tanto, os socialistas remarcan que: PRIMEIRO.- demóstranse as artimañas caciquís de Candia, que renuncia a fondos de emprego para os lucenses en beneficios do Partido Popular. E SEGUNDO.- desmóntanse, unha vez máis, as mentiras e a política populista de Candia, que aumentou a partida do SAF por intereses do PP e non para beneficiar aos 66 Concellos que reciben estas axudas, pois non todos os Concellos ganan cartos e moito menos aumentan nun 71% os fondos.
|
CONCELLO |
GOBERNA |
POBOACIÓN |
SUBVENCIÓN 2014 |
SUBVENCIÓN 2015 |
DIFERENZA 14-15 |
| Abadín |
PP |
2646 |
5.736,00 € |
12.934,00 € |
7.198,00 € |
| Alfoz |
PSOE |
1903 |
7.352,00 € |
11.585,00 € |
4.233,00 € |
| Antas de Ulla |
PP |
2152 |
10.582,00 € |
36.859,00 € |
26.277,00 € |
| Baleira |
PP |
1392 |
22.276,00 € |
62.631,00 € |
40.355,00 € |
| Baralla |
PP |
2774 |
6.250,00 € |
5.696,00 € |
-554,00 € |
| Barreiros |
PP |
2994 |
9.477,00 € |
23.753,00 € |
14.276,00 € |
| Becerreá |
PSOE |
3012 |
6.127,00 € |
16.731,00 € |
10.604,00 € |
| Begonte |
PP |
3179 |
5.046,00 € |
17.389,00 € |
12.343,00 € |
| Bóveda |
PP |
1571 |
7.044,00 € |
8.095,00 € |
1.051,00 € |
| Burela |
PSOE |
9660 |
16.790,00 € |
11.364,00 € |
-5.426,00 € |
| Carballedo |
PP |
2401 |
9.144,00 € |
36.153,00 € |
27.009,00 € |
| Castro de Rei |
PP |
5226 |
3.050,00 € |
5.798,00 € |
2.748,00 € |
| Castroverde |
PSOE |
2823 |
3.697,00 € |
5.701,00 € |
2.004,00 € |
| Cervantes |
PSOE |
1528 |
6.108,00 € |
19.357,00 € |
13.249,00 € |
| Cervo |
PP |
4369 |
4.737,00 € |
2.003,00 € |
-2.734,00 € |
| Chantada |
INTA |
8553 |
12.777,00 € |
24.348,00 € |
11.571,00 € |
| Corgo, O |
PP |
3695 |
5.475,00 € |
3.543,00 € |
-1.932,00 € |
| Cospeito |
PP |
4892 |
3.728,00 € |
6.901,00 € |
3.173,00 € |
| Folgoso do Courel |
PP |
1106 |
4.437,00 € |
7.045,00 € |
2.608,00 € |
| Fonsagrada, A |
PSOE |
3960 |
16.234,00 € |
22.552,00 € |
6.318,00 € |
| Foz |
PP |
9899 |
6.618,00 € |
5.082,00 € |
-1.536,00 € |
| Friol |
PP |
4004 |
3.903,00 € |
9.393,00 € |
5.490,00 € |
| Guitiriz |
PSOE |
5564 |
13.980,00 € |
19.220,00 € |
5.240,00 € |
| Guntín |
PP |
2927 |
2.019,00 € |
5.603,00 € |
3.584,00 € |
| Incio, O |
PSOE |
1797 |
5.943,00 € |
7.564,00 € |
1.621,00 € |
| Láncara |
PSOE |
2789 |
2.752,00 € |
7.689,00 € |
4.937,00 € |
| Lourenzá |
PSOE |
2338 |
5.618,00 € |
7.406,00 € |
1.788,00 € |
| Meira |
PSOE |
1731 |
5.866,00 € |
1.957,00 € |
-3.909,00 € |
| Mondoñedo |
PP |
3991 |
16.183,00 € |
37.061,00 € |
20.878,00 € |
| Monforte de Lemos |
PSOE |
19201 |
52.345,00 € |
59.226,00 € |
6.881,00 € |
| Monterroso |
INTA |
3779 |
4.417,00 € |
3.063,00 € |
-1.354,00 € |
| Muras |
BNG |
696 |
7.254,00 € |
20.043,00 € |
12.789,00 € |
| Navia de Suarna |
PSOE |
1254 |
8.774,00 € |
8.500,00 € |
-274,00 € |
| Negueira de Muñiz |
PSOE |
211 |
3.773,00 € |
11.822,00 € |
8.049,00 € |
| Nogais, As |
PP |
1228 |
4.220,00 € |
13.787,00 € |
9.567,00 € |
| Ourol |
PSOE |
1090 |
10.720,00 € |
31.426,00 € |
20.706,00 € |
| Outeiro de Rei |
PP |
5083 |
8.764,00 € |
9.232,00 € |
468,00 € |
| Palas de Rei |
PP |
3601 |
21.083,00 € |
64.718,00 € |
43.635,00 € |
| Pantón |
PP |
2708 |
11.462,00 € |
21.333,00 € |
9.871,00 € |
| Paradela |
PP |
1967 |
3.500,00 € |
4.553,00 € |
1.053,00 € |
| Páramo, O |
PP |
1484 |
882,00 € |
2.667,00 € |
1.785,00 € |
| Pastoriza, A |
PSOE |
3309 |
10.210,00 € |
17.869,00 € |
7.659,00 € |
| Pedrafita do Cebreiro |
PSOE |
1155 |
6.698,00 € |
20.643,00 € |
13.945,00 € |
| Pobra do Brollón, A |
BNG |
1830 |
12.385,00 € |
20.412,00 € |
8.027,00 € |
| Pol |
PSOE |
1738 |
7.396,00 € |
8.391,00 € |
995,00 € |
| Pontenova, A |
PSOE |
2534 |
1.774,00 € |
4.375,00 € |
2.601,00 € |
| Portomarín |
PP |
1624 |
2.586,00 € |
3.581,00 € |
995,00 € |
| Quiroga |
PP |
3501 |
4.759,00 € |
7.168,00 € |
2.409,00 € |
| Rábade |
INTA |
1604 |
3.743,00 € |
7.956,00 € |
4.213,00 € |
| Ribadeo |
BNG |
10010 |
21.575,00 € |
47.279,00 € |
25.704,00 € |
| Ribas de Sil |
PSOE |
1011 |
3.198,00 € |
10.057,00 € |
6.859,00 € |
| Ribeira de Piquín |
PSOE |
583 |
2.555,00 € |
4.042,00 € |
1.487,00 € |
| Riotorto |
PP |
1395 |
13.861,00 € |
18.200,00 € |
4.339,00 € |
| Samos |
PSOE |
1458 |
5.973,00 € |
6.973,00 € |
1.000,00 € |
| Sarria |
PSOE |
13504 |
6.814,00 € |
4.557,00 € |
-2.257,00 € |
| Saviñao, O |
PP |
4113 |
17.175,00 € |
29.262,00 € |
12.087,00 € |
| Sober |
PP |
2453 |
8.248,00 € |
20.544,00 € |
12.296,00 € |
| Taboada |
PP |
3101 |
11.327,00 € |
10.727,00 € |
-600,00 € |
| Trabada |
PSOE |
1203 |
8.661,00 € |
8.517,00 € |
-144,00 € |
| Triacastela |
PP |
721 |
4.356,00 € |
9.010,00 € |
4.654,00 € |
| Valadouro, O |
PSOE |
2069 |
8.018,00 € |
7.554,00 € |
-464,00 € |
| Vicedo, O |
PP |
1882 |
10.147,00 € |
20.749,00 € |
10.602,00 € |
| Vilalba |
PP |
14788 |
47.611,00 € |
132.050,00 € |
84.439,00 € |
| Viveiro |
PSOE |
15932 |
40.457,00 € |
31.832,00 € |
-8.625,00 € |
| Xermade |
PSOE |
2036 |
8.462,00 € |
24.829,00 € |
16.367,00 € |
| Xove |
PP |
3456 |
40.868,00 € |
31.640,00 € |
-9.228,00 € |
| TOTAL |
244188 |
675.000,00 € |
1.200.000,00 € |
525.000,00 € |



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



