Ribadeo, 20 de agosto de 2015.- Oitenta persoas chegadas desde Castela-León, Castela-A Mancha, Asturias e Galicia participarán no IV Fórum Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebrará nas instalacións do hotel O Cabazo, en Ribadeo, do 26 ao 28 de agosto. O evento, que foi presentado este mércores á noite, está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Ademáis tamén se celebrará a III Mostra de Vehículos Clásicos entre o 29 e o 30 de agosto.
O encargado de conducir o acto de presentación foi Ramón Roca, presidente da Fundación Race, que sinalou que “si no fuese bastante con que el automóvil sea muy importante para España y para Galicia, el automóvil también es muy importante para Lugo. Y lo es porque los aficionados saben que el automóvil en España se fabrica a base de licencias que nos dan otros países, a base de que otros países vienen aquí a fabricar sus automóviles. Es clásico reconocer que el primer país del mundo que vino a fabricar automóviles aquí fue Estados Unidos cuando la Ford se estableció en 1920 en Cádiz. Pues bien, quizás algunos de vosotros sepáis que en 1909, cuando aún faltaban 11 años para que Ford viniera a fabricar a España, cerca del lugar nativo de Elena Candia, en Viloalle, había un señor, José Barro, que compró una licencia de fabricación, de tal manera que en la provincia de Lugo, y esto se dice con orgullo total y absoluto, es la primera provincia de España donde se fabricaron automóviles bajo licencia”.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, agradeceu ás institucións e ás empresas colaboradoras a súa participación no IV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos e explicou que “neste momento hai inscritos no Fórum sobre 78 ou 80 participantes, profesores de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Castela-A Mancha e tamén participantes de empresas. Van participar firmas coas súas conferencias, tan importantes como BMW, ou PSA ou Bosch. Despois de 24 anos seguimos sendo fieis ao perfil que na primeira edición das antigas xornadas de automoción se deseñou. Estamos levando a cabo outro tipo de formación e de actividades. Hai un plan estratéxico, temos neste momento catro proxectos europeos en marcha. Imos iniciar cos Concellos da zona un proceso de internacionalización dos mesmos, para que estes estean presentes. Creo que é un elemento importante de difusión que zonas tan afastadas como Estonia, República Checa ou Polonia saiban que existen Ribadeo, Mondoñedo ou Barreiros”.
O alcalde barreirense, presente no acto de presentación, dixo que “a miña presenza hoxe aquí é porque Álvaro Doural e Jose Ramón Roca viñeron visitarme. Eu creo que todo que se faga na zona é positivo, aínda que neste caso sexa no concello de Ribadeo. Todo o que se faga na Mariña é positivo para os concellos da Mariña. Pedíronme que colaboraramos e saímos entre as entidades colaboradoras. Creo que todas as entidades aquí representadas como colaboradoras poderían estar hoxe aquí, quizás porque a Administración debe estar apoiando e tirando, pero a iniciativa privada tamén é importante. Agradecemos á asociación que contase co Concello de Barreiros e, como ben dicía Álvaro, poder seguir contando con todos os Concellos da Mariña”.
A alcaldesa en funcións de Ribadeo, Ana Martínez, manifestou que “paréceme importante o aporte que se pode facer dende os Concellos tamén a nivel informativo e divulgativo de dar a coñecer e presentar a Ribadeo no mundo e recibir a xente do mundo en Ribadeo, todo vinculado coa automoción. Este ano dende o Concello de Ribadeo e tamén coa asociación Apaga colaboramos na promoción e na difusión do traballo destes profesionais e docentes no proxecto Aprender a aprender dentro da Formación Profesional no ámbito dos programas europeos, ao tempo que eles foron tamén embaixadores do noso concello polo mundo adiante”.
O acto rematou coa intervención da presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, que asegurou que “a Deputación de Lugo, entidade que presido dende hai poucos días, cando recibiu a exposición deste Fórum e tendo en conta as dificultades nas que nos atopabamos por ter un orzamento xa moi executado, tivo claro que ten que estar presente nos proxectos que mesturen iniciativa privada, actividade formativa e que, por riba, escollan a provincia de Lugo para a súa posta en escena. Ribadeo é unha referencia no mundo formativo da automoción. Fago un recordo para todos eses talleres, eses pequenos e medianos talleres, e algún gran taller, que xeran postos de traballo en toda a Mariña e na provincia, que son pezas clave na nosa economía e que recibiron formación nos institutos de Ribadeo. Tamén fago un recoñecemento público aos profesores que de xeito desinteresado e á marxe do que é estritamente a actividade formativa remunerada pola Consellería dedican o seu tempo libre a formarse e a formar e a investigar”.
O IV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos será inaugurado o vindeiro 26 de agosto ás 9:30 horas. No mesmo daranse cita profesores da familia de transportes e mantemento de vehículos, profesionais do sector do automóbil, alumnos de formación profesional e universitarios e tamén afeccionado ao mundo do motor.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



