Burela, 20 de agosto de 2015.- Burela celebrará a súa Feira do Libro os días 29 e 30 deste mes con actividades paralelas dirixidas a todos os públicos. Será inaugurada pola escritora Marta Sanz e polo concelleiro de Cultura e tamén autor de varios libros Jose Díaz.
A véspera, o día 28, ábrese unha exposición paralela que se poderá ver todo o mes de setembro, sobre o conto de Carapuchiña Vermella, “pero cunha versión atrevida, transgresora e de gran calidade a cargo da pintora ourensana Mónica Filgueira, detrás da que se atopa o proxecto Mof la sinvergüenza, que triunfa confeccionando paraugas pintados por ela, entre outros obxectos”, segundo explican desde o Concello burelés. A artista amosa o seu traballo na web http://www.moflasinverguenza.com/blog/
O día 29 abrirá as súas portas a Feira do Libro de Burela, que inaugurarán Marta Sanz e Jose Díaz. A escritora Marta Sanz é autora de novelas, poesía, contos, ensaio e crítica literaria. Entre as súas obras de narrativa destacan El frío, Los mejores tiempos (Premio Ojo Crítico de Narrativa), Susana y los viejos (finalista do Premio Nadal), ou as máis recentes, como La lección de anatomía, Black, Black, Black e Daniela Astor y la caja negra, galardoada cos premios Tigre Juan, Cálamo y Estado Crítico á mellor novela de 2013. O seu último libro de poemas, Vintage, mereceu o premio ao mellor poemario do ano concedido pola Asociación de Críticos madrileños. É colaboradora de varios suplementos culturais como Babelia, El Cultural e Mercurio. Marta Sanz presentará en Burela o día 29 ás 19.30 horas as súas dúas últimas obras, La lección de anatomía e Daniela Astor y la caja negra.
Jose Díaz, ademais de concelleiro en Burela, é autor de numerosos relatos cortos que lle valeron premios como o I Premio San Juan de Dios (2013), I Premio de relato Arvikis Dragonfly (2013), I Premio no Certamen de Relato Rita Suárez Amado (A Coruña, 2014), I Premio no certame de Relatos da LNFS (2014 e 2015). Ten publicado un libro de relatos, Sesentaynueve (Ediciones Cardeñoso, 2014), do que se esgotou a primeira edición. A segunda edítase coincidindo coa Feira do Libro de Burela. O 29 de agosto presentará a súa primeira novela, Ave María, da man de MAR editorial. Será ás 13:30 horas.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



