Ribadeo, 20 de agosto de 2015.- A segunda convocatoria do concurso Arte nas paredes estará aberta ata o 15 de setembro e busca proxectos de mural para a parede dun edificio da Avenida Rosalía de Castro que fai esquina coa Rúa de San Roque. A temática é libre. O alcalde, Fernando Suárez, deu detalles desta nova convocatoria, –a primeira foi declarada deserta por non adaptarse as propostas ás condicións técnicas e pictóricas esixidas-, que premiará ao artista ou grupo de artistas gañadores con 3.000 euros. Os gastos en materiais para a realización do proxecto serán costeados polo Concello.
O rexedor explicou que “igual que noutros concellos do Estado e mesmo en cidades moito máis grandes que Ribadeo hai iniciativas para embelecer e contar historias nas paredes diáfanas, que están agora mesmo cegas e non contan ningunha historia, nós queremos aproveitar esas paredes e a imaxinación dos artistas e abrilas aos pinceis da súa creatividade para que tamén se poidan contar historias”.
En maio foi a primeira convocatoria deste concurso, que logo se ampliou para finalmente quedar deserta: “a esta iniciativa que puxemos en marcha hai uns meses presentáronse varias propostas e bosquexos, pero o xurado decidiu de xeito unánime non outorgar a posibilidade a ningunha desas obras de ser trasladadas á parede porque non consideraban as características técnicas e pictóricas axeitadas. Polo tanto, decidimos modificar as bases e abrir un novo prazo que rematará o 15 de setembro. Pretendemos admitir só orixinais con liberdade técnica e temática libre. A parede será a mesma, a que fai esquina entre a Rúa san Roque a e Avenida Rosalía de Castro e o premio para a persoa ou para o colectivo de artistas –dado que pode ser unha persoa ou un grupo- será de 3.000 euros. Os gastos de instalacións, os materiais e a pintura correrán a cargo dos Concello”.
O xurado estará composto por técnicos e representantes municipais, así como de Patrimonio da Xunta, do Colexio de Arquitectos de Galicia e da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo (Acisa).
O alcalde animou aos artistas a participar e tamén asegurou que as actuais bases, que modifican as da primeira convocatoria, “son máis atractivas. Animamos aos artistas, tanto de Ribadeo como da comarca como da fóra a que reparen un pouco nestas bases, que son algo máis atractivas. É algo complicado, porque o fácil é facer unha creación nun soporte dun metro cadrado e presentalo ao concurso. O difícil é trasladado a unha parede de 300 metros cadrados. Pero se se pode facer en Bilbao ou Carballo, se se pode facer en tantos concellos, tamén se poderá facer en Ribadeo. Ao mesmo tempo daríamos unha imaxe duradeira e perdurable sobre unha obra artística que deberá ser seleccionada por un xurado cualificado”.
As persoas interesadas en participar poden atopar as bases na web do Concello www.ribadeo.gal





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



