25 de agosto de 2015.- A Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso aprobou este martes con Competencia Lexislativa Plena, e cun amplo consenso, o proxecto de Lei reguladora da protección social dos traballadores do sector marítimo-pesqueiro, un texto que regula tanto o Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar (en diante Réxime Especial) como o resto de prestacións e servizos xestionados polo Instituto Social da Mariña e que pretende poñer orde na profusa normativa existente e simplificar a complexidade en materias como o campo de aplicación, a cotización e a acción protectora, con especial atención á prestación de xubilación.
O voceiro de pesca do GPP no Congreso dos Deputados, Joaquín García Díez, destacou que a Lei xorde do compromiso do Goberno co sector pesqueiro e do seu desexo de seguir ampliando as condicións sociais dun colectivo que desenvolve a súa actividade nunhas condicións moi especiais pola dureza da vida a bordo dun barco, o prolongado illamento das tripulacións, o afastamento do fogar familiar ou a elevada taxa de sinestralidade que padecen.
O proxecto presenta unha simplificación en canto á regulación do réxime do Mar, ao recoller soamente as especificidades deste en materia de cotización e coeficientes redutores da idade de xubilación, e en todo o demais remite a normativa xeral da Seguridade Social, co que se evitan duplicidades na regulación. Ademais, define os beneficiarios das prestacións que xestiona o Instituto Social da Mariña, independentemente do réxime en que se achen encadrados.
García Díez explicou que se segue mantendo no Réxime Especial aos traballadores que realizan unha actividade marítimo-pesqueira a bordo, pero inclúe como novidade a colectivos como o persoal de investigación, observadores de pesca e persoal de seguridade, así como a persoas que non desenvolven o seu traballo a bordo pero si vinculadas ao sector, como os traballadores administrativos de empresas estibadoras e das empresas que lles nutren de traballadores, sempre que desenvolvan a súa actividade exclusivamente no ámbito portuario, así como os redeiros, prácticos de porto e persoal que presta os seus servizos en plataformas fixas (petrolíferas, de gas, etc).
Inclúese os mergulladores profesionais, que ata agora só se incluían no Réxime Especial cando realizaban os seus servizos nunha empresa marítimo-pesqueira, quedando excluídos os recreativos, e no que respecta aos estibadores portuarios, e ante a gran problemática xurdida nos últimos anos, inclúese unha definición do estibador portuario, configurándoo como aquel que realiza as actividades que integran o servizo portuario de manipulación de mercadorías relacionadas na Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2011.
Por outra parte, contémplase por primeira vez o termo acuicultura, ao obxecto de agrupar baixo a devandita denominación diversas actividades encadradas no Réxime Especial, aínda que quedan excluídos os traballadores que presten servizos en empresas dedicadas á acuicultura en zona terrestre.
O voceiro popular de Pesca dixo que se configurou o Réxime Especial con dous grandes colectivos, os traballadores por conta allea e os traballadores por conta propia e sinalou que neste Réxime Especial, as embarcacións son consideradas como centros de traballo, polo que debe existir unha conexión ou vinculación entre o rexistro de embarcacións que se xestiona polo Instituto Social da Mariña e o Rexistro de Buques de Mariña Mercante.
García Díez subliñou que todas as novidades incorporadas se realizan mantendo como tempo efectivo na aplicación dos coeficientes redutores os períodos de desembarco por enfermidade, accidente, vacacións, etc., un aspecto que a moitos grupos parlamentarios lles suscitara preocupación, e agradeceu as achegas de todos para que este proxecto de lei satisfaga as necesidades do sector.
O texto aprobouse co voto favorable de todos os grupos, agás a abstención do PNV, e o voceiro popular agradeceu os eloxios recibidos polo permanente diálogo que o GPP mantivo para chegar a un proxecto de consenso. “O grao de participación no período de consultas foi moi amplo e o grao de consenso alcanzado moi elevado e iso fai que hoxe poidamos alegrarnos de compartir maioritariamente os obxectivos e os medios que esta lei contén”, concluíu.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



