Madrid, 27 Agosto 2015. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa polo “nefasto balanzo da situación da A-8 nestes últimos meses”.
“Que balanzo realiza o Ministerio de Fomento da situación do tramo da A-8 entre Mondoñedo e Abadín durante o presente periodo? Considera normais os constantes cortes de tráfico en dito tramo que se veñen producindo desde o pasado mes de marzo? Cre que o peche de 13 horas á circulación desta nova autovía é a mellor solución ao coñecido problema das espesas néboas que se producen na primavera e no verán?”, son algunhas das cuestións que a deputada do BNG dirixe a Fomento.
Rosana Pérez lembra os continuos peches da A-8 dos últimos meses e reprocha a Fomento que deixara pasar o tempo durante un ano sen axilizar o proceso para adoptar medidas avanzadas. “A medida estrela posta en práctica por Fomento este verán consistiu no peche de 13 horas deste tramo”, ironiza a parlamentar nacionalista.
“Vai o Ministerio seguer a estratexia de facer anuncios antes das Elecións cando non fixo nada nun ano?”
Ademais a deputada do BNG pregunta ao Ministerio se comparte as manifestacións realizadas pola Presidenta da Deputación de Lugo quen afirmou que os cidadáns “non están descontentos” polo peche da A-8 porque se benefician da situación. “Unha situación que todo o mundo cuestiona e incluso considera terceiromundista, é ben recibida por altos representantes do PP porque se pasa polo centro da localidade”.
“É dicer, debemos estar contentos por ter pagado cos nosos impostos unha autovía moderna que se pecha ao tráfico cando máis se precisa. Segundo a lóxica de Elena Candia, entón haberá que cuestionar todo tipo de infraestruturas viarias modernas e avanzadas e deixar que o tráfico se acumule en atascos en obsoletas estradas estatais ou secundarias”, afirma Rosana Pérez.
Con ironía, a parlamentar nacionalista sinala que “daquela sería mellor ficar nas cavernas e non avanzar”. “De verdade é aconsellábel que o tráfico circule polo centro das vilas e se colapse? É esta a imaxe de modernidade que se quer oferecer?”, pregunta Rosana Pérez.
Finalmente, a deputada do BNG quer que o Ministerio deixe de facer propaganda e explique en concreto cando vai pór en práctica novas medidas máis eficaces. “Vai seguer a estratexia de anunciar medidas na víspera da convocatoria de Elecións Xerais?”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



