O Grupo Provincial Socialista esixe a Candia que nomee e deixe tomar posesión a 5 funcionarios de carreira que aprobaron as oposicións para varios postos na Deputación, probas que se celebraron e aprobaron sendo xa Candia Presidenta do organismo provincial. Trátanse dun arquitecto, un enxeñeiro de camiños, un técnico de administración xeral, un técnico superior en ciencias económicas e empresarias, e un técnico superior en informática. Os socialistas alertan a Candia que non pode bloquear intencionadamente o acceso destes profesionais aos seus empregos. De feito, o PSOE sabe que xa se están a estudar accións xudiciais contra Candia por non nomear e impedir a toma de posesión destes profesionais, tal e como xa fixo cos 12 axentes de dinamización empresarial do Ben Empregado II.
O Deputado Provincial do PSOE, Álvaro Santos Ramos, reclamou a Candia que nomee e dea posesión a estes 5 funcionarios de carreira, e leve ao Pleno a aprobación definitiva da RPT que beneficia a maioría dos traballadores da Deputación. Santos Ramos remarcoulle á Presidenta popular que “faga isto dunha vez por todas e deixe de desmantelar os servizos provinciais e acantoar aos traballadores públicos para colocar aos seus amigos, de poñer pechaduras nos departamentos da Deputación, de desconfiar no persoal da administración que leva décadas amosando a súa profesionalidade e de destruír emprego”. O socialista subliñou que “non permitir, por puro capricho, que estes 5 traballadores accedan aos seus postos de traballo é un exemplo máis da súa obsesión por destruír emprego na provincia”.
É a 2ª vez que Candia bloquea a toma de posesión de traballadores
É a 2ª vez que o PSOE ten que esixir a Candia que deixe tomar posesión dos seus postos de traballo na Deputación a profesionais que aprobaron oposicións públicas. A primeira vez foi cos 12 lucenses desempregados que resultaron beneficiados do concurso público e aberto a todos os cidadáns para a xestión do Ben Empregado II. Logo de case 1 mes no que Candia bloqueou esta ducia de empregos na provincia como axentes de dinamización empresarial, a Presidenta popular viuse na obriga de rectificar tras a denuncia que fixo o Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo en defensa destes profesionais e do emprego. “Agardamos que Candia tamén rectifique neste caso”, remarcou Santos Ramos.
Obsesión de Candia por destruír emprego
A obsesión de Candia por destruír emprego supuxo que non se creasen 135 postos de traballo nas profesionais con máis futuro na provincia. Isto debese a que Candia foi capaz de perdeu 90.000 euros de fondos europeos por non celebrar 9 accións formativas remuneradas e con prácticas en empresas para 135 parados na provincia cuxo obxectivo era facilitar a súa inserción laboral. Estes cursos enmarcábanse no Pacto Provincial polo Emprego, proxecto europeo da Deputación de Lugo. Esta obsesión de Candia tamén supuxo que 60 empresas que resultaron beneficiados do Ben Empregado II se quedasen sen candidatos para traballar nas mesmas, destruíndo outros 60 novos postos de emprego na provincia para desempregados lucenses. O PSOE xa esixiu a Candia que recorra ao INEM para solventar esta situación, posto que así o facilitan as bases deste plan de emprego. Candia é a Presidenta que máis desempregou creou en menos tempo, posto que tan só leva 2 meses neste cargo.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



