NOTA DE PRENSA:
Balseiro presenta como novo un estudo desestimado por Sanidade en 2009
Veiga considera que o debate área sanitaria – unidades de xestión son a coartada do PP para dotarnos dunha sanidade de segunda
O Bloque Nacionalista Galego iniciou unha campaña social que arrancou hoxe cun reparto de follas informativas no Hospital da Costa, e na que participaron membros da Executiva nacionalista así como dirixentes do BNG nesta localidade, sob o lema de “Non ao desmantelamento da sanidade na costa.Coa nosa saúde non se negocia” coa que pretende achegar de primeira mao información a poboación da Mariña sobre os efectos da reforma sanitaria que pretende levar adiante o Goberno da Xunta.
Na presentación desta campaña Antonio Veiga, Portavoz – Comarcal do BNG, saíu ao paso das declaracións do Sr. Balseiro nas que facía referencia a un estudo informativo do Goberno de Touriño onde analizaba a posibilidade dunha nova organización das áreas sanitarias.”Non ten nada de novo o informe que fixo público Balseiro, pois este xa era coñecida, sendo mesmamente dado a coñecer no mes de Setembro en sé parlamentaria, o que non di Balseiro é que en Febreiro de 2009 a propia Consellaría de Sanidade desbotou esta proposta”, afirma Veiga. O Responsábel Comarcal do BNG foi máis alá reiterando que “ as declaracións que ven realizando nos últimos días o Sr.Balseiro, tras un alongado silencio impropio de alguén que padece incotinencia verbal, respecto ao mantemento da área sanitaria da Mariña non responden a outra motivación que tentar confundir a opinión pública sobre as verdadeiras intencións do PP sobre este tema e a dar respaldo a proposta da Consellaría de Sanidade de desmantelar pola vía dos feitos o Hospital da Costa”.
O Bloque Nacionalista Galego considera que non estamos diante dun debate nominal sobre o nome das áreas sanitarias ou áreas únicas de xestión aquí o que está en xogo son os servizos cos que vai contar o hospital e as competencias que vai ter a dirección do mesmo. Neste sentido a nos non nos vale que mantendo a denominación actual de areas sanitarias ou áreas de saúde, a través da creación das áreas únicas de xestión se proceda a baleirar de competencias á area da costa ou que o Hospital de Burela se converta nun hospital de segunda. Veiga foi claro cando dixo que “ a folla de rota do PP non deixa lugar a dúbidas, o que primeiro intentaron a cara descuberta, preténdeno facer agora con nocturnidade polo medio dunha figura utilizada de xeito experimental en Ferrol, por certo con escaso éxito, e que vai ser un caixón desastre para desmantelar esta área”.
Os nacionalistas consideramos que o PP o que lle ten que explicar aos veciños da Mariña é que especialidades van deixar de ofertarse en Burela, o PP ten que explicarlles aos traballadores da sanidade por que van ter que desprazarse por toda a provincia, o PP ten que explicarlle a un facultativo de Burela por que terá que desprazarse ao Hospital de Lugo cando neste non haxa profesional que cubra a súa especialidade, o PP ten que explicarlle aos xefes de servicio do Hospital de Burela cal van ser as súas competencias en relación cos homólogos de Lugo, o PP ten que aclararlle a poboación da Mariña cantos postos de traballo se van perder na sanidade na Comarca.
O Bloque Nacionalista Galego anunciou tamén que diante da negativa do PP e da Consellaría de Sanidade a responder estas preguntas, que son que se fai a sociedade da mariña e os traballadores da sanidade, vai solicitar a súa aclaración en sé parlamentaria. Isto é o fondo do debate, estas son as cuestións que están en xogo, e curiosamente son aqueles aspectos sobre os que o PP garda silencio. Os nacionalistas estamos certos que a presión social e institucional é a única vía para que a Xunta de Galiza mude o seu plantexamento e de garantir, en definitiva, manter os servizos sanitarios da Mariña.


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



