LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, reuníronse este venres con Alcaldes de preto de 50 Concellos para abordar o novo sistema que ofrecerá o organismo provincial para a contratación conxunta do subministro eléctrico municipal. Este servizo permitirá un prezo máis económico que o actual e supoñerá un aforro significativo na factura de cada municipio. Gómez Besteiro, que previamente enviou unha carta ós 66 rexedores, agás o de Lugo porque supera os 20.000 habitantes, para informarlles sobre esta iniciativa destacou que “esta é unha nova liña de Cooperación pioneira entre as Deputacións de España. Fronte á crise o fácil é dicir non e o difícil reinventar solucións. Por iso hai 2 meses dixemos que xuntos somos máis fortes e hoxe estamos a falar dunha contratación conxunta da electricidade. No futuro daremos conta doutros servizos porque xuntos aforraramos máis”.
O titular provincial lembrou que “contratamos una asistencia técnica, e agora estamos en condicións de afirmar que as posibilidades son reais e supoñerán un importante aforro para as arcas municipais”.
Na xuntanza trasladáronse ós rexedores e representantes das Entidades Locais as medidas que deben seguir para levar a cabo a citada contratación que o organismo provincial quere iniciar no último trimestre do ano. Antonio Gato indicou que “é unha nova dimensión da Cooperación que establece a Deputación, unha vía de para lograr novos ingresos, é dicir, máis aforros. É unha iniciativa pioneira en Galicia e que xa se estudan noutras Deputacións. Concertamos unha política conxunta para decirlle ás empresas que imos da man”.
Logo de que o organismo provincial lugués anunciase este liña de Cooperación, outras administracións intentaron copiar o sistema. É o caso das Deputacións de Pontevedra e A Coruña, así como da Autonomía de Navarra, que xa contactaron coa Área de Asistencia ós Concellos para interesarse polo procedemento.
Na actualidade, un Concello medio da provincia de Lugo ten un gasto eléctrico anual de 175.000 euros. Os máis grandes superan os 500.000 e o máis pequenos da provincia ós 10.000 euros. A nova iniciativa da Deputación é posible grazas a que o Real Decreto 485/2009 do tres de abril abre a posibilidade de contratar a subministración eléctrica cunha empresa comercializadora a un prezo libremente pactado. Atendendo a este cambio na lexislación, a Deputación elaborará un prego para a contratación deste subministro naqueles Concellos que se sumen a esta iniciativa.
Procedemento a seguir
O acordo deberá ser aprobado polo Pleno de cada Concello, de xeito que se delega na Deputación a contratación deste servizo. A encomenda alcanza todo o procedemento administrativo: contratación, preparación e adxudicación definitiva. Pola súa banda, os municipios terán que formalizar o contrato coa empresa comercializadora que resulte adxudicataria da contratación centralizada efectuada pola Deputación nos termos fixados na licitación.
Esta nova liña de Cooperación cos Concellos súmase a outras emprendidas polo actual equipo de goberno e que tan bos resultados están a dar: o Fondo Extraordinario da Deputación complementario do Plan E; o novo Sistema Provincial de Recadación; a xestión da roza das estradas provinciais; a aposta da Deputación polo emprego estable, elaborando Relacións de Postos de Traballo para os Concellos; o Plan de Pequenas Infraestructuras para os municipios de 5.000 habitantes; o novo sistema de xestión catrastral, que a Deputación está ultimando e que é outro exemplo de contratación conxunta cos Concellos para aforrarlles cartos; ou a creación da rede provincial de bombeiros na que os municipios non teñen que aportar o 15% previsto inicialmente, xa que este coste é asumido pola institución provincial.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



