Madrid, 8 Setembro 2015. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara dirixida a Fomento para criticar e cuestionar que pretenda “combater o problema das espesas néboas o Alto do Fiouco na A-8 coa instalación dun novo radar e cámaras de vixianza”.
“Está o Ministerio de Fomento a barallar a posibilidade de ubicar un segundo radar na A-8 como solución ao grave problema das néboas no tramo da autovía situada entre Mondoñedo e Abadín? Non cre que situar un novo radar é unha auténtica tomadura de pelo para os habitantes da zona que levan un verán de constantes cortes e peches ao tráfico da A-8 debido á ineficacia do Ministerio que non actuou con previsión o ano anterior?”, son algunhas das cuestións que formula a Fomento.
O Ministerio marea a perdiz
Rosana Pérez advirte ao Ministerio de que “resolver un problema que depende das especiais condicións meteorolóxicas existentes na zona, con medidas sancionadoras e punitivas, raia o surrealismo”. A deputada do BNG alude á información que sinala que Fomento está a barallar a posibilidade de que Tráfico poña en servizo un novo radar de tramo na autovía do Cantábrico, que se sumaría ao xa existente.
Pón de manifesto que o Ministerio adxudicou á empresa Sistema, por 1,7 millóns, o proxecto pendente de sinalización e xestión de tráfico no tramo que vai desde o límite de Lourenzá con Mondoñedo e a ponte dos Santos. Actuacións que prevén a instalación de cámaras de vixianza nun circuito pechado de televisión, paneis e tamén un radar de tramo.
A deputada do BNG cuestiona este tipo de medidas que non son a solución ao problema. “O problema é de visibilidade. Sería interesante que o Ministerio deixase de marear a perdiz con temas que son unha perda de tempo e un insulto á pacencia dos habitantes da zona”. Nese sentido, pón de manifesto os numerosos peches da A-8, sen ir máis lonxe, en oito días pechouse catro veces entre Lourenzá e Abadín.
Para Rosana Pérez é “evidente que o Ministerio non ten ningunha vontade de solventar o problema real. Un reflexo diso é a irrisoria cantidade asignada nos Orzamentos do Estado 2016 a este tema: só 200.000 euros, que como moito, serán para estudos”. De novo, a deputada nacionalista volta preguntar polo anunciado concurso de ideas para procurar solucións técnicas.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



