Santiago, 9 de setembro de 2015.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia aprobou este mércores a proposición non de lei promovida polo Grupo Popular en apoio das iniciativas que a Xunta de Galicia impulsa para acadar un incremento das cotas de pesca para o vindeiro ano 2016.
A Cámara galega ofrece o seu respaldo á estratexia que o Goberno galego e central deben seguir ante as institucións comunitarias, “xa que constitúe un obxectivo preferente seguir avanzando en cantas medidas se estimen acaídas para ampliar e darlle máis oportunidades á nosa flota e máis posibilidades de pesca aos nosos profesionais”, indicou o portavoz do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro.
Neste sentido, sostivo que a propia práctica diaria dos profesionais da pesca, así como os informes científicos dos organismos de maior prestixio, teñen demostrado que moitas das principais especies obxectivo da flota galega atópanse nun estado biolóxico moi positivo, o que fai posible un maior aproveitamento sostible, por exemplo no caso do xurelo, xarda, bocarte ou a pescada.
IRRESPONSABILIDADE DA OPOSICIÓN
Con todo, Jose Manuel Balseiro non dubidou en lamentar a falta de compromiso dos partidos da oposición, que decidiron votar en contra desta iniciativa, a pesar de ser a demanda máis relevante dos profesionais de toda a flota galega.
“Os galegos, e especialmente os profesionais do mar, tomarán boa nota. PSOE, AGE e BNG non queren incrementar as cotas de pesca. Cando chega á hora da verdade, por un lado critican a falta de posibilidades de pesca e pola outra se negan a apoiar iniciativas que demandan máis oportunidades laborais e de actividade para nosa flota”, sinalou.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



