Santiago de Compostela, 9 de setembro, 2015. O Partido popular rexeitou a proposición non de lei defendida polo deputado do BNG, Daniel Rodas na que reclamaba instar ao Goberno galego a non aceptar os criterios dos fondos europeos para pesca dos que unha significativa parte vai destinada ao despece polo que pediu “poñer en valor a pesca galega e rexeitar o seu desmantelamento.”
Por outra parte, o deputado tamén reclamaba do Goberno galego non aceptar o modelo imposto polos fondos do FEMP así como paralizar a actual orde de axudas para a paralización definitiva de buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral de baixura.
Na súa intervención, Rodas recalcou que os criterios da Unión europea non son da mesma aplicación nos diferentes países e a Comisión establece como intocable o principio de estabilidade relativa, polo que os países que negociaron inicialmente “seguen blindando os seus intereses” e outros, en troques de reducir o número de barcos o aumentan como ocorre con Irlanda con 729 novos barcos.
Para o deputado, o Partido popular fixo deixación de funcións nos últimos sete anos ao non propor medidas co fin de modificar os criterios dos fondos, de aí, que non se contemplaran medidas eficaces para as tripulacións e emprego, e como mostra, dixo vivimos “a parada do cerco e o desmantelamento da flota en Mauritania”, unicamente adoptou medidas para salvar ao armador.
Estamos a falar, dixo, de cuestións de contido político para determinar o destino dos fondos e comprobamos que a intención do Partido popular é clara, “ rematar por completo coa nosa flota”.
Para o BNG, os fondos deben “poñer en valor os atributos da nosa flota” e centrados en políticas pesqueiras para crear emprego e non para a “privatización do dereito a poder pescar con cotas individuais ridículas”, medidas que o PP adopta pouco a pouco “extorsionando a flota” facendo insostible a súa actividade.
O deputado do BNG lamentou o voto en contra do Partido popular á iniciativa nacionalista.


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



