Unha primeira lectura do proxecto de presupostos para 2010 que o goberno do estado español presentou ao parlamento ofrece dous datos, non por habituais, menos lamentables:
– Os recursos destinados a cultura descenden un 11%.
– e os destinados a ciencia, un 15%; I+D+I descende un 3%.
Nin unha nin outra parcelas entraron xamais, de verdade, nos plans de desenvolvemento dos gobernos deste país, nin con Franco, Nin con Suárez, nin con Felipe, nin con Aznar ni , polo que se ve, con Zapatero.
Nunca recibiron, nin reciben, a consideración de piares fundamentais para elevar o “nivel” da educación e o desenvolvemento da sociedade.
E en tempo de crise, obviamente, as cousas non ían mellorar. Todo o contrario. Como era previsible, empeoraron.
. En cultura parece haber unha excepción: “Entendendo que a cultura constitúe un importante motor económico, os recursos destinados ao programa de fomento das industrias culturais aumenta un 9,1 por cento respecto a 2009, de acordo co citado proxecto. ”
Quixera que me explicasen un pouco mellor o de “industrias culturais”, porque os sectores implicados tampouco están moi satisfeitos.
“O Fomento do Deporte inclúese tamén no presuposto para políticas culturais”. Por que non lle cargan esta partida a Presidencia do Goberno, que é de quen depende, agora que hai moitas fotos que facerse, a política e promoción deportivas?
. E en Ciencia din que “non” resultará afectada o financiamento da investigación, os contratos e as bolsas, e que a redución se concentrará en gastos correntes do ministerio, nos organismos públicos de investigación (OPI) e en infraestruturas,”.
Non afectará á investigación pero si aos organismos públicos destinados a ela e ás infraestruturas relacionadas coa investigación…? De que dimensións son os gastos correntes do Ministerio, como para a súa redución sexa significativa no total do presuposto da súa área?
A historia repítese unha vez máis. Ciencia e cultura, neste país, sempre perdendo.
E outro apartado dos presupostos que para min e vergoñento son o seu temerario modelo enerxético: 967 millóns de euros das arcas do estado para o combustible do carbón e 50,9 para a enerxía atómica e só 67 millóns para as renovables.
Onde quedan as súas declaracións a favor dunha nova economía en loita contra o cambio climático e compatible coa sostenibilidade ambiental? Onde queda a súa aposta polas enerxías renovables e non contaminantes?¿Ónde queda o cumprimento das directrices europeas de redución e peche da industria do carbón?.
O actual Goberno pretende dar un trato privilexiado e un proteccionismo rampante ao negocio das empresas que máis contribúen á aniquilación dos equilibrios climáticos e a biodiversidade. Con millonadas de diñeiro cidadán o Goberno e todos os partidos parlamentarios que votaron a favor do “rescate” do carbón traizoan o interese común ao apuntalar a anacrónica e sucia industria dun carbón nacional que non ten viabilidade económica, e que só pode manterse con inacabables subvencións masivas de diñeiro público do estado. Con estas xigantescas axudas inxectadas ás centrais térmicas de carbón para que continúen mercando carbón nacional a prezos artificialmente rebaixados e baratos tíranse pola borda os compromisos europeos e do goberno español na redución de emisións contaminantes á atmosfera. Perde a natureza, a saúde humana, o interese colectivo e o futuro.
No modelo enerxético do goberno cédese aos particulares intereses biocidas de “a mafia mineira” constituída pola férrea alianza de sindicatos e empresas carboníferas. Os innumerables e incontrolables danos á supervivencia, a saúde e habitabilidade humana no planeta non parecen interesar .
Ben, outro dia faltemos de outras partidas do presuposto do estado, e tamén da Xunta, cando os faga que me preocupan e moito.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



