Santiago, 10 de setembro de 2015.- A Comisión de Agricultura, Alimentación e Montes do Parlamento de Galicia, que se reunirá este venres 11 de setembro ás 10.30 horas, inclúe entre os asuntos previstos na súa orde do día, o debate da iniciativa da que é autor o deputado popular Jose Manuel Balseiro, dirixida a axilizar e simplificar os permisos de corta de madeira.
O voceiro da área forestal do Grupo Popular e Secretario do Parlamento galego lembra que, cada ano, a Xunta de Galicia tramita entorno a 117.000 permisos de corta, sometidos a un réxime burocrático moi complexo, con distintas autorizacións sectoriais en función dos intereses que poidan verse afectados (Augas de Galicia, Patrimonio, Medio Ambiente, Fomento …)
Segundo entenden desde o Grupo Popular a simplificación normativa permitirá un mellor e maior aproveitamento económico dos montes por parte dos seus propietarios, nunha comunidade como é Galicia, que representa a primeira potencia forestal de España e unha das máis importantes na contorna europea.
Balseiro lembrou que, segundo as estatísticas, unha de cada dez familias recibiron ingresos procedentes de corta no monte, cifras que dan imaxe da capacidade de xeración económica, e do sustento social do sector forestal en Galicia. Sen ser estes aproveitamentos madereiros a actividade principal de moitos propietarios, si xogan un papel básico de aforro para as economías de moitas familias galegas.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



