Lugo, 17 de setembro de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mantivo este xoves un encontro coa ministra de Fomento, Ana Pastor, no que abordaron diversos asuntos relativos ás infraestruturas de interese prioritario para a provincia lucense. Esta reunión responde a unha petición da titular do Goberno provincial para trasladar á responsable do Ministerio de Fomento as principais necesidades dos lucenses.
Durante a xuntanza mantida este xoves a presidenta transmitiulle o seu interese por un importante número de infraestruturas que vertebran a provincia, entre as que se atopan, entre outras, a autovía de San Cibrao a Barreiros, ou as obras na N-634 e N-642. Candia engadiu que este encontro permitiulle coñecer de primeira man o proceso no que se atopan estas actuacións e o compromiso existente por parte do Ministerio de Fomento con Lugo.
“De xeito coordinado deunos a información ademais de tranquilizarnos xa que hai compromisos claros e decididos para solucionar as actuacións que enumerei, principalmente, ademais das de outras demandas”, explicou a presidenta da Deputación quen engadiu que o Goberno do Estado continúa deste xeito “cumprindo coa provincia de Lugo e o exemplo máis claro vese materializado nas obras que se inauguraron hoxe”.
Candia defendeu que a forma máis correcta de traballar é a da “coordinación entre administracións” ao tempo que agradece a visita da Ministra de Fomento “á casa de todos, á Deputación de Lugo”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.