Cervo, 18 de setembro de 2015. A Casa de Cultura de San Cibrao acolle ata o día 30 deste mes unha exposición de fotografías sobre India feitas por un mozo dese país: Totan KUndu, de 26 anos de idade e orixinario de Bengala. Á inauguración da mostra, titulada La India desde dentro, asistiron as concelleiras de Cultura, Dolores García Caramés; de Servizos Sociais, Pilar Armada Carrete; e de Medio Ambiente, Manuela Méndez Álvarez. A exposición pode visitarse de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
A concelleira de Cultura explicou que esta exposición fotográfica “leva ao visitante de viaxe á India, está ambientada con música dese país e as fotografías mostran, aparte da historia que poida ter cada unha, a visión desa cultura dende o ollo fotográfico do artista Totan, a quen agradecemos que escollera o concello de Cervo para expoñer a súa arte xa que dende o Concello queremos promover a cultura a través de todas a s súas expresións”.
Dolores García rematou animando “á xente a que se achegue a ver esta exposición e que goce dela”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



