NOTA DE PRENSA
O deputado popular achaca a falta de compromiso do seu homólogo socialista a que “a diferencia de nós, o Sr. Rego non vive na comarca, renuncia a defender os intereses dos seus veciños e unha vez máis agocha a súa cabeza baixo a ala incapaz de reivindicar un maior compromiso orzamentario do Executivo central na Mariña”
BALSEIRO CENSURA O CONFORMISMO DE REGO ANTE O DECEPCIONANTE INVESTIMENTO ESTATAL NA MARIÑA
* Os populares non comprenden como é posible que desde o PSOE poida defenderse unhas contas estatais que reducen en preto dun 30% as achegas para actuacións, obras e servizos determinados na nosa coamarca.
* Balseiro alerta ante o repetido discurso do PSOE respecto do corredor, xustificando o mínimo investimento en que aínda se está a elaborar o proxecto cosntrutivo definitivo. O deputado popular insiste en que con 10.000 euros o corredor nunca avanzará,
* Desde o PP afirman que o prazo de execución da autovía do Cantábrico, de entre 36 a 48 meses, fai inviable que estea en servizo no 2012 tal e como afirmou o deputado socialista.
A Mariña, 07 de outubro de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG) Jose Manuel Balseiro Orol censurou o conformismo do parlamentario socialista Ismael Rego, quen no día de onte saíu ao paso das críticas xurdidas tras coñecerse os decepcionantes investimentos que Goberno central ten previsto realizar na Mariña segundo o establecido nos orzamentos xerais do Estado para o ano próximo.
“Ninguén pode comprender como é posible que desde o PSOE poidan defenderse unhas contas estatais que reducen en preto dun 30% as achegas para actuacións, obras e servizos determinados na nosa comarca. Sobre todo tendo en conta que xa no ano 2009 os orzamentos do Estado eran moi negativos, máis agora que se reduce dun xeito significativo o compromiso inversor nesta comarca por parte do Executivo socialista de Zapatero. E tendo en conta tamén que gran parte dos compromisos que debían realizar nesta anualidade non se teñen executado e, polo tanto, eses cartos perdéronse” –expuxo o deputado popular
FALTA DE COMPROMISO DO PSOE COA MARIÑA
Jose Manuel Balseiro achaca a falta de compromiso do seu homólogo socialista a que “a diferencia de nós, o Sr. Rego non vive na comarca e por iso quizais renuncia a defender os intereses dos seus veciños e unha vez máis agocha a súa cabeza baixo a ala incapaz de reivindicar un maior compromiso orzamentario do Executivo central na Mariña”.
Nesta liña o parlamentario popular lembra que, non é a primeira vez que distintas enquisas e valoracións aparecidas en varios medios xornalísticos censuran a falta de interese e compromiso do señor Rego respecto da Mariña e, polo contra avalan o traballo que se está a desenvolver desde o PPdeG formación política “na que non dubidamos de loitar, traballar e reclamar aquelo que é necesario, incluso ante administracións da nosa cor política, co único obxecto de defender como corresponde os intereses dos nosos veciños”.
O MESMO DISCURSO DE SEMPRE SOBRE O CORREDOR
Centrándose na cuestión do corredor Balseiro lémbralle ao deputado socialista que as contas para o ano 2010 tan só contemplan unha achega de 10.000 euros, fronte aos 50.000 que se prevían investir no 2009. En todo caso ambas cantidades moi probablemente non se chegarán a executar tal e como aconteceu nos últimos anos. Os populares cuestionan que o PSOE manteña o mesmo discurso de sempre, xustificando este mínimo investimento en que o corredor atópase aínda nunha fase administrativa inicial, na redacción do proxecto construtivo definitivo. Balseiro lembra que o Goberno socialista dispuxo de máis de seis anos para impulsar esta infraestrutura e acelerar todos os trámites pero está claro que falta vontade e interese no PSOE
TRASCANTÁBRICA IMPOSIBLE EN 2012
En relación coa autovía Transcantábrica o deputado popular sinala que, a caída en máis de 20 millóns de euros no seu orzamento e o elevado dos prazos de execución desta obra –que están entre os 36 e os 48 meses- fai imposible que esta vía poida estar en servizo no 2012, tal e como afirma o señor Rego evidenciando unha vez máis que “minte máis que fala”.
O PSOE DEBE RECTIFICAR
Para finalizar o deputado popular insiste en que os “moi decepcionantes” orzamentos do Estado para A Mariña confirman o pouco peso político do PSOE e o seu mínimo grado de influencia. “O señor Rego faría moi ben en recoñecer, rectificar e reconducir a incapacidade dos gobernos socialistas á hora de apostar por esta comarca e as súas necesidades”

















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



