
O pasado xoves 8 de outubro o programa ‘Parolando’, de Radio Burela, versaba sobre os banquetes de voda con tres representantes dos máis afamados restaurantes da nosa bisbarra que organizan eventos deste tipo. Estiveron Alberto Hermida, do restaurante Louzao de Viveiro; José Luís Pita, do restaurante Finca Galea de Alfoz; e Amable Terrón, do restaurante O Asador, de Barreiros. Con eles falamos da organización destes actos, dos menús máis habituais ou orixinais, da emoción dos noivos, familiares e amigos e doutras anécdotas interesantes que teñen lugar nas vodas.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



