Un total de 19 socios do grupo sendeirista Pasada das Cabras dábanse cita este sábado 10 de outubro ás 07.15 horas na estación de autobuses de Burela para desprazarse ata Os Ancares para realizar a ruta de ascensión ó pico dos “Tres Vispos”. A ruta comezaba ás 10.10 horas dende o albergue de montaña dos Ancares coa “aprobación dos deuses do tempo”; xa que, salvo por un chaparrón e o fuerte vento no último tramo de ascenso, atopáronse cun día perfecto para “patear monte”. Dende o primeiro tramo por pista con inclinación ascendente ata alcanzar a cúspide, o grupo enfrontábase a maiores complicacións debido ás características da zona empinada e escarpada. Tras un respiro e tentempé reagrupáronse para enfrontar o último e máis complicado tramo no que o vento cada vez máis forte aumentaba a sensación de frío. Despois de tomar algunhas fotografías iniciaban o descenso ata “O refuxio do Brego” onde puideron xantar; mentres outro grupo marchaba cara a zona de Potes onde tiñan previsto realizar outras rutas aproveitando a ponte. Os que quedaban emprendían un pronunciado descenso por unha pista forestal paralela ao “Rego da Vara” ata chegar ó punto de saída onde caía unha “auténtica manta de auga” cando marchaban despois de tomar un refrixerio.






















A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



