O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña brillou de laranxa no triangular de fútbol sala disputado este martes en Betanzos; o colectivo estreou equipacións burelistas doadas polo club mariñán. A directiva do CD Burela FS Pescados Rubén Alba Vila e o director da ED Burela FS, Alfonso Mera, visitaron a semana pasada as instalacións da asociación en Cervo para facer entrega deste material e adiantar proxectos conxuntos promovendo o deporte en igualdade como veñen realizando nas últimas tempadas.
A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña participou na cita deportiva, convidada polo Consorcio As Mariñas, dentro do seu programa de actos de celebración do Día Mundial da Saúde Mental. O equipo mariñán, formado por usuarios do colectivo e colaboradores que adestran con eles semanalmente, gozou dunha tarde de fútbol sala xunto a un conxunto anfitrión, do Consorcio das Mariñas, e un equipo da Asociación Pro Enfermos Mentais. Os tres cadros tamén puideron deleitarse coa solidariedade dos veteranos do RCD Deportivo da Coruña, que colaboraron reforzando as escuadras sobre a pista.
Os preto de cincuenta usuarios do colectivo da Mariña que viaxaron a terras coruñesas tamén visitaron o Aquarium Finisterrae e a Torre de Hércules.
Iago Míguez en Agarimo
Coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, a asociación abriu as portas da súa residencia o sábado pasado e presentou a súa revista, Agarimo, cun pequeno oco para as vivencias burelistas de Iago Míguez.





















Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
