Lugo, 19 de outubro de 2015.- A delegada territorial, Raquel Arias, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mantiveron este luns unha xuntanza con responsables e persoal técnico municipal da provincia de Lugo para explicarlles distintos programas de axuda que ven de poñer en marcha a Xunta de Galicia.
A reunión, que tivo lugar no Edificio Administrativo da Xunta en Lugo, serviu para explicar as subvencións destinadas aos concellos para accións de fomento da igualdade. A Xunta distribúe entre tres programas un importe de 4,6 millóns de euros, que foi incrementado nun 35 por cento con respecto ao ano 2014.
O Consello da Xunta autorizou a concesión de anticipos de ata o 75 por cento das subvencións concedidas para o Programa de fomento da conciliación, para o Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, e para o programa de apoio aos centros de información ás mulleres (CIM), que suman un investimento de 4.660.133 euros, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo.
A delegada territorial explicou que “os concellos, como administracións máis próximas, son os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños, e a través desta orde axúdannos a direccionar as axudas cara aos programas que poden resultar máis efectivos en cada caso”.
A secretaria xeral de Igualdade detallou o contido e algúns dos requisitos dos distintos programas, destacando que as subvencións son de concorrencia competitiva e que se prima a presentación de proxectos e iniciativas comúns entre varios concellos.
Así, como vén sendo habitual, impulsaranse os proxectos de xestión compartida, polo que se priorizarán as solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, que recibirán ata 40 puntos por este feito. Os concellos que se agrupen ou asocien deberán presentar un convenio de colaboración relativo a esta agrupación ou asociación. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A primeira da liña de axudas é o programa de fomento da conciliación,que engloba as medidas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras; entre esas medidas están os bancos de tempo e outras. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 12.000 euros no caso de solicitude individual e ata 22.000 euros se é unha solicitude conxunta de varios concellos.
A segunda liña de axudas é o programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, que inclúe as accións de intervención de carácter integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero, coas súas fillas e fillos, así como coas persoas delas dependentes e actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual en xeral e a prostitución en particular. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 10.000 € no caso dunha solicitude individual e ata 20.000 € se é unha solicitude conxunta de varios concellos.
Apoio aos CIM
E finalmente, está o programa de apoio aos centros de información ás mulleres (CIM), que ten coma obxectivo reforzar a funcionalidade dos CIM e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles, son subvencionables a existencia no cadro de persoal ou na relación de postos de traballo da entidade, de prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM, para a atención a mulleres en situación de vulnerabilidade; a contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 45.000 €, e ata 120.000 euros no caso dunha solicitude conxunta.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



