Burela, 22 de outubro de 2015.- Os pupilos de Juanma Marrube visitarán este sábado a pista da Estrada FS (19.00, pavillón Coto Ferreiro), na cuarta xornada de Terceira División. “É un equipo veterano, firme candidato ao ascenso. O ano pasado xa pelexou co Xove FS para subir” aseguraba o técnico laranxa dun rival que, a pesar da súa fortaleza, tampouco se lles dá mal aos da Mariña. “Na tempada pasada gañamos en Vista Alegre e empatamos na Estrada”, puntualizaba Juanma.
Fronte ao único punto dos laranxas, tras o empate con Santiago na xornada inaugural, A Estrada FS ocupa a quinta praza con 7 puntos, despois de empatar fronte a Pazos de Borbén (55-) e gañar a Casás (4-3) e Vilalba (3-5).
Burela FS 1-3 Ribeira FS
O cadro mariñán non puido sacar un resultado positivo na visita do potente Ribeira FS (1-3); o Burela FS B anotou nos pés de Dani Gigirey a falta de pouco máis dun minuto para o final, atacando con xogo de cinco. “Teño que darlles a noraboa aos xogadores polo grande esforzo, sobre todo na segunda parte” recoñecía satisfeito Juanma Marrube. “Chegamos ao descanso vivos, con 0-1 e con opcións de igualar no cinco para catro. Na segunda parte tivemos máis ocasións e xeramos máis xogo, pero precipitámonos moito; tivemos erros evitables e somos conscientes de que temos que corrixilos”, analizaba así o desenlace do encontro o técnico alfocego.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
