XOVE .- O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova tempada de bolos. O sábado, 10 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXIª, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 18 será a Xª Tempada.
Como novidade para este ano, decir que imos ter a Iª LIGA FEMININA DE BOLOS, a cal vai ter un desenvolvemento parello ás outras dúas, celebrándose as tres conxuntamente. Esperamos con isto facilitar a incorporación da muller ao mundo do deporte autóctono; o tempo dirá se acertamos ou non.
Outra das novedades para esta temporada, son as normas aprobadas por tódolos xogadores na Bolera do Centro Social de O Cruceiro o pasado 28 de marzo.
1º.- Queda anulada a norma aprobada o 28 de novembro de 1.998 no Centro Social de Vilachá que prohibía mollar as bolas e bolos.
2º.- Elimínase a LINEA DO 20 para categoría SENIOR, polo que a partires de agora só existirá a LINEA DO 10 para as categorías SENIOR, SUB 18 e FEMININA.
Para ir preparando esta nova edición dun dos torneos de deporte popular máis antigos de Galicia, hai uns dias tivemos unhas Xornadas de Promoción dos Bolos para tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón, celebradas os dias 30 de setembro e 1 de outubro e polas cales pasaron tódolos alumnos-as do IES. O obxectivo destas Xornadas foi o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo. Amáis da colaboración que tódolos anos presta o IES Illa de Sarón, contamos novamente coa colaboración para esta tempada da EMPRESA AUTOESCUELA MUNDIAL; a ambos lles queremos dar as grazas.
O calendario de tiradas para esta Temporada é o seguinte:
TIRADAS REGULARES
2.009
SÁBADO, 10 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.
SABADO, 17 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE VEIGA – PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 24 DE OUTUBRO- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.
SÁBADO, 31 DE OUTUBRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 21 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.
SÁBADO, 28 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
SÁBADO, 5 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.
2.010
SABADO, 9 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.
SÁBADO, 16 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE VEIGA – PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 23 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE
SÁBADO, 30 DE XANEIRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 6 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
Sábado 13 de febreiro: Sábado de Antroido
SÁBADO, 20 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 27 DE FEBREIRO .- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ
SÁBADO, 6 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
SÁBADO, 13 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXIª TIRADA DE BOLOS (Xª TIRADA SUB 18) COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



