A Casa da Cultura de Burela acolle o vindeiro 26 de novembro o III Seminario de Violencia de Xénero “Mujeres en Igualdad Burela” a partir das 11.30 horas.
O programa do seminario dará comezo cunha representación de micro-teatro contra a violencia de xénero gañadora do concurso convocado polo Concello o ano pasado. Posteriormente, dúas mulleres vítimas de violencia de xénero contarán as súas experiencias en primeira persoa.
Igualmente, está prevista unha táboa redonda coa participación de:
-Carmen Funez, secretaria nacional de la Confederación Nacional de Mujeres en Igualdad que abordará “os sinais de alarma ante a violencia de xénero”
– Raquel Arias, delegada territorial da Xunta en Lugo, que informará sobre as medidas abordadas dende a administración.
– José Díaz, gañador do concurso de micro-relatos contra a violencia de xénero 2014, que achegará a perspectiva masculina sobre a violencia de xénero.
– Mary Fraga, presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, que actuará como moderadora.
O acto rematará cunha coreografía denominada “Abre tus ojos, hay salida” desenvolta por mulleres vítimas de violencia de xénero e voluntarias de Mujeres en Igualdad.