O Club IADOVI de San Cibrao desprazábase case por completo este sábado 7 de novembro a Narón para participar no XIII Trofeo Cidade de Narón de tiro con arco.
Nas categorías inferiores de alevín, en arco recurvo, destacaban os nosos dous representantes. Ángel Galante Briones situábase nas series clasificatorias na primeira posición con 549 puntos. A súa compañeira Beatriz Botelho Melo facía o mesmo no grupo das mozas con 497 puntos; puntuación coa que ademais bate o seu record persoal de 468 puntos obtidos no X Trofeo de Nadal celebrado en Pontevedra o 13/12/2014.
Nas eliminatorias Ángel vence en semifinais a Braulio López do Club Arco Narón por un contundente 6 a 0 en puntos de set. Pasando a disputar a final contra Adrián García Mejide tamén do Club anfitrión. Nesta ocasión os nervios afectaron a Ángel de forma que o seu contrincante lograba unha vantaxe nos dous sets que situaban o marcador 4 a 0 en contra do mariñán, pero facendo gala dun pundonor extraordinario empeza a remontada. Dispútanse outros dous sets que anota ao seu marcador ata lograr poñelo 4 a 4. O quinto set sáldase cun empate a 5 – 5 en puntos de set. Unha soa frecha lanzada o máis preto do centro da diana daría o triunfo a un ou outro arqueiro. Prepáranse e o xuíz pita o inicio dos 40 segundos para o lanzamento da última frecha do encontro. Ángel é o primeiro en soltar a súa frecha e estrélaa na zona amarela nun 9 alto; mentres que Adrián solta unha frecha non tan certeira e logra un 8. Ángel é proclamado campión do torneo na categoría Alevín.
Pola súa banda Beatriz Botelho Melo disputaba a final polo sistema de sets contra Zaira Córdoba López do Club Arco Narón. Nótaselle nerviosa e iso pásalle factura, perdendo o primeiro set. Pero recupérase no segundo, o empatan o terceiro e ponse o marcador 3 a 3, pero Zaira é máis certeira e logra a vantaxe no cuarto set poñendo o marcador 5 a 3 o que obriga a Bea a gañar si ou si o quinto set se quere ir á frecha de desempate. O empate a puntos só beneficiaría a Zaira. Iníciase o quinto set, pero os nervios son a tónica e aínda que consegue Bea estrelar a súa primeira frecha nun dez perfecto, a súa segunda frecha estrélase nun dous tras realizar unha solta da corda de arco mala que ata fai que lle golpee o antebrazo desprazando a frecha ao dous baixo á esquerda. Refaise e crava a súa terceira frecha noutro dez perfecto; pero a súa compañeira non comete erros e aínda que cunha puntuación menos rechamante é máis regular: tres 8 danlle o triunfo e desprazan á arqueira mariñá á segunda posición.
Na categoría senior feminino de arco recurvo, a representante do club, Ana María Briones Montes, finalizaba sexta tralas series clasificatorias; pasando ás eliminatorias. No seu primeiro encontro tócalle contra un óso duro de roer, Marta Guerreiro do Club Arco Muralla de Lugo. O resultado é moi axustado, ambas arqueiras están demostrando a súa valía frecha a frecha; primeiro set para Ana, segundo set para Marta, terceiro set empate, poñendo o marcador 3 a 3 en puntos de set. Ana céntrase e logra a vantaxe no cuarto set e aproveita esta vantaxe no quinto e último set gañándoo, e logrando con iso o pase a semifinais.
O seguinte encontro é contra Selene Blanco de Arqueros de Cambre (A Coruña) e segunda nas series clasificatorias. Selene fai valer a súa posición e rompe a ilusión da arqueira mariñá cun contundente 6 a 0 en puntos de set. Xa só pode optar á terceira posición. O terceiro encontro é cunha vella coñecida María Luisa Fernández do Club Arco Narón. O primeiro set gáñao Ana, o segundo é para María Luisa, o terceiro e o cuarto ambas empatan o que pon o marcador 4 a 4; pero o quinto set é para Ana e con el, o terceiro posto.
Na categoría Senior masculino, participaban José Manuel García Cordido, que lograba situarse na praza novena das series clasificatorias con 499 puntos. Puntos que lle valerían para bater o seu record persoal de 479 puntos conseguidos no XVI Trofeo de As Pontes o pasado 11/1/2015. Francisco Botelho Melo con 492 puntos conseguía a posición decimo primeira e Jorge Galante a décimo cuarta con 470 puntos. Os tres arqueros entraban nas series eliminatorias en 1/8 de final perdendo ante os seus contrincantes por 6 a 0.
O resto dos arqueiros do club non lograba colarse nas eliminatorias. Iván Cendán Lindin conseguía bater o seu record persoal conseguido en outubro do 2014 no IX Trofeo Arcobarco (O Barco de Valdeorras-Ourense) onde situaba a súa marca nos 365 puntos; agora superada en catro puntos. David Pernas Basanta e Lucas Rouco López, na súa primeira participación ante a diana tripla vertical, lograban situarse no posto 21º con 449 puntos e 28º con 405 puntos respectivamente.
Gabriel Galante retirábase da competición, sen finalizar a primeira serie de clasificación ao lesionarse as costas.
Liga de equipos
Agora queda por diante o segundo encontro da liga de equipos. No primeiro, o IADOVI A composto por Ana Briones, Gabriel e Ángel Galante situábanse no primeiro posto do Grupo 1; mentres que o IADOVI B composto por Iván Cendán, David Pernas, Lucas Rouco e José Antonio Rico situábanse na sexta posición do grupo 2.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
