BURELA .- O grupo municipal do PP no concello de Burela asegura que “as praias de Burela sempre foron das mellor dotadas de todo Galicia” e matiza “sen que Doménech fixera nada” referíndose o concelleiro de Obras e Servizos que desmentiu ó edil do PP Luís Pedre que afirmara que Burela incumpre “unha das condicións de Bandeira Azul”.
Nota de Prensa
O GMPP pídelle a Doménech que se calme e que traballe.
Luis Pedre reafírmase en que os resultados das análises da auga non están expostos ó público desde finais de Xullo.
Asegura que a Xunta de Goberno veu en Agosto os resultados das análises.
O GMPP de Burela pediulle hoxe a Pascual Doménech que se calme e que non se ofenda, porque non tén de nada de que ofenderse, dado que o seu traballo hasta agora é ben pobre.
Os populares, a través de Luis Pedre, reafírmanse en que as analíticas que están exportas nas praias datan de finais de Xullo do presente ano, e eso “é incuestionable”, poñendo que son aptas para o baño e sen análises microbiolóxicos. Pero é que Doménech minte, porque a Xunta de Goberno de once de Agosto tivo coñecemento de oficios da Delegacion Provincial da Consellería de Sanidade nos que se comunicaban ás análises das augas de baño; así consta no apartado cinco do segundo punto da correspondente acta. Por eso, se a Xunta de Goberno tivo coñecemento deses documentos, por escrito e non por Internet, porque non os expuso nas praias?
Pedre asegura que nós en ningún momento decimos que as augas non fosen aptas para o baño, como insinúa Doménech; e se facemos pública esta denuncia agora, non é por victimismo, senón por responsabilidade política, bastante máis ca que tén el, que debería ter postos os resultados das análises de auga por unha mera cuestion de saúde pública.
Fala Doménech de dotacion de praias. As praias de Burela sempre foron das mellor dotadas de todo Galicia, e eso sen que Doménech fixera nada. No que toca ós carteis, fará falla que os revise, porque hai erros de bulto, como non poñer a influencia das correntes na praia de A Marosa, algo que recomenda ADEAC. Por certo, os de antes poden gustar ou non, pero ADEAC nunca puxo ningún reparo ós mesmo, e Burela, foi pioneiro, por exemplo, en poñer carteis coas correntes mariñas nas praias bandeira azul. E falando de duchas, tan funcionais coma estas eran as de antes, que por certo duraron bastantes anos. Se tanto fai polas praias, porque non se puxeron este ano en funcionamento as ecobibliotecas?
Falando de Bandeira Azul, Doménech non fixo nada, porque as praias de A Marosa e Portelo xa tiñan a bandeira antes de que el nacera en política, e a bandeira azul de Ril haina porque a primeira vez que se pediu, en 2007, pediuna o PP.
Por último, Luis Pedre pídelle a Doménech que se calme e que traballe, que para eso está aí, e de momento está a vivir de rentas. Nós dixémoslle que podía contar coa nosa colaboración, pero se entende que non a precisa, que o diga, que non pasa nada. E eso sí, que se calme, que últimamente sabemos que anda algo alterado, e eso non é bon para a saúde, cousa que el deberia de saber, porque o seu posto de traballo está no hospital.
Polo GMPP de Burela, Luis Pedre.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



