CERVO .- Con respecto as evidentes diferenzas existentes entre PP e BNG sobre os restos arqueolóxicos de A Atalaia, o PP de Cervo “empraza ó BNG e ás súas organizacións afíns deixar de falar do pasado e pensar en clave de futuro” a vez que pide que os nacionalistas apoien “unha iniciativa do PP” para que Cultura compre os terreos nos que se asenta o xacemento arqueolóxico da Atalaia.
Nota de Prensa
Os nacionalistas e as súas organizacións afíns realizan continuos ataques ao Goberno municipal para que non se fale de que Patrimonio aínda non ten decidido que fará co xacemento arqueolóxico de San Ciprián
O BNG PRETENDE AGOCHAR O DESINTERESE DE CULTURA POLO CASTRO DA ATALAIA
* Os populares emprazan ao BNG a sumarse a unha iniciativa do PP a través da que reclamarán na vindeira sesión plenaria, que Cultura adquira os terreos nos que se asenta o xacemento arqueolóxico da Atalaia.
* O PP de Cervo lembra que a Consellería de Cultura está a permitir a edificación sobre 65 metros de valiosos restos arqueolóxicos, e autorizou a instalación dunha grúa pola que se levará a cabo a obra.
* O recurso interposto polo Goberno municipal contra a inclusión no inventario de Patrimonio ten por obxecto obrigar a Cultura a que delimite con maior precisión a zona sobre a que se asenta o castro, evitando futuros prexuízos, aos veciños da Atalaia. “Chegaron ao absurdo de inventariar a praia”
Cervo, 18 de setembro de 2008.- O Partido Popular de Cervo entende que os nacionalistas cos seus ataques constantes ao Goberno municipal “tan só pretenden agochar unha realidade moi evidente, isto é, que o departamento autonómico que eles teñen a responsabilidade de xestionar, a Consellería de Cultura, non está a facer nada para protexer e poñer en valor os restos arqueolóxicos aparecidos na zona da Atalaia de San Ciprián”. A este respecto os populares recordan que esta mesma semana no Parlamento de Galicia, o director xeral de Patrimonio, Felipe Árias, non tivo máis remedio que recoñecer que aínda non tiñan decidido o que farán co Castro da Atalaia.
CULTURA AUTORIZA OBRAS SOBRE O CASTRO
Ata tal extremo chega o desinterese da Consellería de Cultura “que despois de inventariado o xacemento arqueolóxico, teñen liberado unha das parcelas, e están a permitir que se constrúa sobre 65 metros cadrados de terreo nos que se atopan restos do antigo castro. É máis, Cultura ten incluso autorizado a instalación dunha grúa para levar a cabo a construción do edificio”
DELIMITAR A EXTENSIÓN DO XACEMENTO
Por outra banda o PP cervense quixo clarexar que o recurso interposto polo Goberno municipal contra a inclusión no inventario de Patrimonio do xacemento da Atalaia ten por obxecto obrigar a Cultura a que delimite con maior precisión a zona sobre a que se asenta o castro. A día de hoxe a zona afectada ocupa a totalidade da illa de San Ciprián, Porto de Arriba e incluso chega ata a praia do Torno, “polo que os veciños desta área tan extensa vénse na obriga de pedir permiso á Xunta cada vez que teñan pensado realizar unha obra nas súas casas, de feito especial se afecta ao subsolo”
“Comprenderán que reclamemos ante unha decisión da Xunta de Galicia que chega ata o absurdo de incluír no inventario de xacementos arqueolóxicos a praia do Torno, cando esta é unha zona na que non está permitido edificar e na que non existe nin o máis mínimo indicio da existencia de restos arqueolóxicos”
PLENO MUNICIPAL: RECUPERACIÓN DOS TERREOS
Os populares explican que na vindeira sesión plenaria todos os grupos políticos terán a oportunidade de posicionarse en favor da posta en valor destes restos arqueolóxicos xa que, se someterá a votación unha iniciativa pola que se lle insta á Consellería de Cultura a adquirir os terreos sobre os que se atopa o posible asentamento galáico-romano. “Observaremos pola tanto quen está a favor e quen en contra de preservar esta pegada da nosa historia”
¿CAL VAI A SER O COMPROMISO DE CULTURA PARA PROTEXER O CASTRO?
Finalmente, os populares cervenses emprazan ao BNG e ás súas organizacións afíns deixar de falar do pasado e pensar en clave de futuro, isto é, anímalles a “explicar cal vai a ser o compromiso da área nacionalista da Xunta para protexer esta zona”.
O PP indica que, ainda que os nacionalistas non queiran falar disto, alí continúa existindo un enorme castro que esixe unha actuación de protección por parte do Goberno galego. É máis, os populares cervenses animan aos veciños desta localidade a que acudan ata as parcelas obxecto de escavación, “para observar in situ o que nós dicimos, e a magnitude dos restos achados, que pretenden ser esquecidos por Cultura”






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



