A Consulta Preliminar do Mercado segue avanzando na procura de solucións innovadoras contra a néboa densa que se produce na contorna do Alto do Fiouco. Trala celebración da segunda xornada informativa, o pasado 24 de setembro, está previsto que durante este martes e mércores se desenvolva unha primeira rolda de entrevistas coas empresas que presentaron a documentación complementaria requirida.
Ata a data, dun total de dezaoito propostas preliminares rexistradas, doce delas desenvolveron a súa documentación seguindo as directrices publicadas polo Ministerio, analizando conceptos como a eficacia, a implantación en campo, o cumprimento de normativa, a seguridade viaria, a funcionalidade e explotación da vía, os custos de investimento e de mantemento e as repercusións medioambientais de cada unha das solucións. Deste xeito, conséguese aumentar o grado de definición das propostas, sendo previsible que máis empresas desenvolvan proximamente as súas solucións con leste mesmo esquema.
Na actualidade, un grupo de técnicos do Ministerio está analizando a documentación presentada con cada proposta con obxecto de identificar
aspectos de mellora e cuestións que requiran maior desenvolvemento, temas que serán tratados de forma individual coas empresas nas reunións previstas para os días 10 e 11 de novembro. Todo iso baixo o cumprimento do principio de transparencia e garantindo a confidencialidad do “know-how” de cada empresa.
Cos resultados obtidos na Consulta Preliminar do Mercado, que se manterá aberta polo menos ata finais de 2015, definiranse as prescripcións técnicas e administrativas para o lanzamento da contratación de prototipos en campo de diferentes solucións, no marco da eventual Compra Pública Innovadora, que se desenvolvería durante o ano 2016.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



