O Burela FS Pescados Rubén superou este mércores o primeiro envite de Copa Galicia con 1-6 na visita á pista do Leis Marcón, de Segunda División. Aos tantos por partida dobre de Gaby e Maite e a diana de Ceci, sumouse a novísima Judith, estreando a súa conta goleadora coa elástica laranxa.
O cadro de Iván Cao, Lucas, puido liquidar a contenda distanciándose no marcador axiña ante un rival con pouco perigo sobre as filas mariñás. Ceci abriu a lata xa no minuto 3, aproveitando un rexeite do pau á tentativa de Claudia. Acto seguido, Gaby recibía dentro da área tras roubo de Maite para subir o 0-2. As locais reduciron distancias no 8, nas zapatillas de Ana, pero Maite volveu afastar as burelistas no 14.
Tras o descanso, Gaby anotou o 1-4 en xogada individual desde a banda (minuto 23). Bea, nos minutos 27 e 28, asistiu a Maite e Judith para o definitivo 1-6.
O equipo de Lucas retomará os adestramentos o vindeiro luns.
Próximos rivais
O conxunto mariñán aínda terá que medirse en fase de grupos ao Poio Pescamar FS, de Primeira, e Olivo FS, de Autonómica, con datas pendentes de confirmación. Estes dous rivais xa se viron as caras, con 15-1 a favor do primeiro.
Ficha técnica
Leis Marcón: Tamara, Paloma, Carla, Mar, Lara, cinco inicial; tamén xogaron Beatriz, Jessica, Tania, Ana, Patricia, Alicia, Iria
Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Claudia, Gaby, Ceci, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Bea Mateos, Judith
Goles: 0-1, minuto 3, Ceci; 0-2, minuto 4, Gaby; 1-2, minuto 8, Ana; 1-3, minuto 14, Maite; 1-4, minuto 23, Gaby; 1-5, minuto 27, Maite; 1-6, minuto 28, Judith
Árbitros: González Lubián // Castro Nantes (Pontevedra).






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
