Burela, 12 de novembro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, asegura que este xoves pola mañá acudiron no seu nome ao peirao durante a visita do presidente de Portos de Galicia as concelleiras de Mar e Medio Ambiente, Patricia Otero e Noelia Mª Ben. E critica a política que está a facer o grupo municipal do PP: “non se pode consentir tanto infantilismo, irresponsabilidade e falta de nivel”.
O rexedor dixo: “cal sería a miña sorpresa esta mañá cando me chaman pouco antes das 9 horas dicíndome que ían vir a Burela sobre las 10 e media ou 11 da mañá para ver única e exclusivamente a presentación dunha empresa, que é a que colleu a concesión agora do servizo de limpeza do porto de Burela. Dixéronme que viñan ver única e exclusivamente esa empresa, que ían estar moi pouco tempo e que o único propósito que traían era ese, pero de cuestións doutra índole de máis importancia, cero patatero. Eu díxenlles que non podía asistir dado que xa tiña unha entrevista concertada en Lugo, que non podía aprazar, xa que era hoxe ás dez e media e resultaba imposible pospoñela para outro día, e moito menos se veñen co único propósito de ver unha empresa que vai coller a concesión para facer a limpeza do porto”.
Alfredo Llano sinalou que “a miña sorpresa agora é que nos medios din desde o PP que eu non estiven alí. É incrible e xa non sei que pensar porque é a primeira vez que ven a Burela dende que houbo cambio de goberno municipal. Por outro lado, saben da miña intención clara de ter unha entrevista co presidente de Portos para formularlle unha serie de cuestións, como a EDAR, o aproveitamento de zonas onde queremos implantar algunha cuestión nova como pode ser no espazo que está detrás da Capitanía, melloras do porto coa instalación dunha grúa e actuacións en zonas de atraque, etcétera. E resulta que agora sorpréndenme dicindo que non estiven alí e que desaproveitei esta ocasión”.
Ao alcalde de Burela a actitude dos populares de Burela parécelle “dunha irresponsabilidade total que digan isto, que eu non estiven alí e que desaproveitei a oportunidade de falar co presidente de Portos de Galicia. Que o PP diga estas barbaridades indica claramente o nivel baixísimo que teñen de tratar cuestións de índole político. É incrible que estea esa xente representando a algunha institución, porque non se pode consentir tanto infantilismo, irresponsabilidade e falta de nivel”.
Alfredo Llano insistiu: “eu quero ter unha entrevista co presidente de Portos de Galicia, pero hoxe resultábame imposible porque eu tiña que ir a outro sitio á mesma hora e chamáronme tarde, mal e arrastro, cando debían terme avisado con dous ou tres días de antelación polo menos para que estivera preparado e atendendo eses asuntos. Pero como eu non podía estar mandei a dúas concelleiras, Noelia Mª Ben e Patricia Otero, que estiveron alí e formularon preguntas ao presidente de Portos, dixéronlle cales son as inquedanzas do Concello e que queremos levar adiante unha serie de cuestións. E a resposta na nota de prensa é que nin sequera falaron. Eu non sei realmente a intencionalidade que pode ter este persoal pero desde logo a min estame dando unha mala impresión, que hai que encadrar nalgún sitio para que non se repita”.
Para o alcalde de Burela “os protocolos de aviso entre institucións ou non funcionaron ou funcionan mal, como quedou demostrado”.
Llano subliñou que “eu vou traballar polo pobo e polo porto de Burela e impórtame moi pouco quen estea dicindo esas barbaridades cunha clara intencionalidade. Si pensan que así van chegar a algo están moi equivocados. Eu son o alcalde de Burela e o que quero facer é unha labor propia do que corresponde a unha institución como o Concello e quero defender por encima de todo os intereses tanto do Concello como do porto de Burela, pero evidentemente non podemos atoparnos con estas cuestións que non sei como cualificalas, porque desde logo vaia mala impresión me acaban de deixar hoxe no noso concello”.
O rexedor engadiu que “o grupo do PP que dimitan todos e que se vaian facer outras cousas, porque posiblemente vallan máis para outras labores, pero que deixen de facer política porque evidentemente así non vamos a ningún lado. Eu póñome ao servizo dos veciños de Burela e dos usuarios do porto para facer todo canto poida e estea na miña man, pero non poido facer milagres nin estar atendendo a cuestións que realmente non corresponden coa realidade nin moito menos coas miñas intencións”.


















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



